DAVID NAVALLO “O MAGO DE CASTROPOL” REXURDE EN SAN MIGUEL
O XIV Aberto de Flores” disputouse no campo das Balgas de San Miguel de Reinante, corres pondente a décimo segunda xornada da LNB NorLeste, ca asistencia de 68 palanadores (48 homes, 14 donas e 6 cativos).
![]() |
Paulo, hoxe extranamente tirando moito a dreita. |
Ainda que cando chegamos o campo estaba húmido, Lorenzo foi testigo e quen de ir secándoo a modiño nunha nova e exitosa xornada billardeira na que rexurdiu a figura de David Navallo, que viña ultimamente mellorando as súas prestacións.
O “mago de Castropol” tivo o día e non o desestabilizaron as constantes e repetidas brincadeiras de Gundar, él seguiu firme no seu xogo. Foi precisamente a súa compañeira de equipo Alba a que lle impedíu acadar o pleno adiantándoselle na terceira carreira polos cinco puntos. Tivo pois que conformarse con 4 e un total de 24 puntos.
Para o segundo e terceiro chanzo desempataron a dúas carreiras o tamén Troita Manolo e o Carabullo Charli que foi quen finalmente acadou o segundo chanzo deixando o terceiro posto para Manolo, o gañador do derradeiro aberto en Begonte.
![]() |
Juncal como sempre alegrando a xornada. |
En donas, Geni superou o malestar da anterior xornada e deixou craro que sigue tando en plena forma. Hoxe foi a millor das donas con 19 puntos superando as duas estrelas de Castiñeiro Milenario, Vanesa (17 p.) e Cris (15 p.).
Nembargantes ainda que nos destaca por facer grandes puntuación, temos que subliñar a participación de Juncal ca súa paixón dando o mellor de sí, sempre alegre, animando e festexando cada bo golpe tanto dela como dos demaís. Hoxe especialmente festexando a súa terceira carreira na que acadou catro puntos e rematou cos cinco que pillou na cuarta, semellaba unha croqueta dando voltas polo chan. Grande Juncal.
En infantís voltamos o de sempre Mateu, Diego e Mateo no mais alto, ós dous de Madia Leva non hai quen lles tusa, teñen dous chanzos do poido co seu nome gravado en exclusiva. Dous Troitas son os perseguidores Antia e Mateo, desta volta como nas derradeiras xornadas foi Mateo o que os acompañou, que sigue a dar o mellor de si en cada aberto.
![]() |
Mateu líder dos peques e no posto décimo da xeral |
![]() |
Troitas Bravas, virtuais campións da tempada. |
![]() |
Flores anfitrión, organizador e palanador, agarda a sua quenda para xogar. |
O remate, como mestre de cerimonias, Manolo Flores fixo a entrega de agasallos ós gañadores con medallas para tódolos cativos participantes. Parabéns e Billarda sempre.
Vémonos en Ponte de Outeiro o vindeiro sábado 26 deste mes de abril.
Maravilloso día!
ResponderEliminar