2026/10/31

3ª xornada da LNB NorLeste. Castropol 25.10.2026

Sachas non deixa catar as Ostras 

      Para disputar a 3ª xornada da LNB NorLeste, a serpe multicolor desprazouse a terras asturianas  no “V Aberto Villa de Castropol”.

Trofeso preparados para os gañadores

        Eolo fungaba sin xeito disposto a seguir man tendo a marca de ser este un dos abertos mais duros e complicados da tempada. Desta volta non choveo non, mais ventou arreo e as billardas lanzadas cara o Varal, rara vez seguian o dirección axeitada.

    Malia todo, os esforzos de Karolo & company na preparación dos campos e na organización, fixeron esquecer tódalas dificultades. O resultado: un fermoso día de billarda de camaradería e de pasalo ben. Parabéns a tódolos participantes (40 homes, 14 donas e 3 cativos), que mais unha volta, demostraron que a billarda non se rende e sae con ben de calquera atranco que se atope por diante.

    Comenzaron as carreiras con case tódolos favoritos por diante. Albino, Antóm e Luis con pleno nas dúas primeiras, e o de Madia Leva ainda fixo tamén pleno na terceira, mais a modiño foron perdendo folgo e foron adiantados pola destra, por tanto Sachas cuanto Charli e Morás que finalmente foron os que conformaron o podio con 22, 21 e 21 puntos.


    En donas, Antía, que daba un brinco e estreaba categoría, comeza, tal e como facía en infantis, mandando e acadando o seu primeio podio, a bravísima Cris foi segunda e a non menos brava Aroa,  terceira.


    Nos infantis, o conto de sempre e mais agora que non teñen a competencia de Antía,  Mateo e Martin  foron primeiro e segundo, terceiro Mateo Lesmes.

    En equipos os ribadenses Billardeiros Musicais, van a concerto por aberto, seguen moi ben afinados e manteñen un forte ritmo gañando por terceira volta, a corta distancia teñen a Troitas Bravas e Madia Leva.

    Antón, concelleiro de Deportes, encargouse da entrega de agasallos ós gañadores e deste xeito demos por finalizada outra fantástica xornada billardeira.


  A vindeira xornada agárdanos en Lugo o 15 de novembro. Billarda sempre e adiante co Varal!

No hay comentarios:

Publicar un comentario