2010/09/19

Daniel pescando na 1ª Xornada da LNB

     No parque Rosalía de Castro de Burela deu conezo unha nova tempada de billarda da Conferencia NorLeste.
    O "II Aberto do Bonito" foi este ano a primeira xornada puntuable da LNB engadindo deste xeito un extra de emoción os enfrontamentos dos palanadores.  Por riba do reto de levarse o premio dun bonito, esta o ir acadando a maior cantidade de puntos e facerse cos primeiros postos da clasificación.
    Malia a ausencia de varios palanadores habituais, xuntouse unha boa morea de xente que deu calor e color o encontro.
     Na reducida cancha de xogo fixeronse dúas pistas simultaneas que deron lixereza e vistosidade o xogo ainda que o convertiron en pericoloso, de feito unha billarda impactou na testa dunha palanadora, por sorte sin maiores consecuencias co dolor do golpe.
    Os palanadores noveles que debutaban cas distintas  franquicias foron vendo que non é doado pasar rolda dado o nivel de xogo dos veterans pero amosaron maneiras e gañas polo que pouco a pouco estaran na pomada.
     José María, de 5 anos, fixo o seu bautizo na liga formando parte de "Os Outros", non poido pasar da fase de grupos, pero e un valor de futuro, con xenio e madeira de campión.
    A final, foi un calco da xogada o ano anterior:  Hugo, Eric e Daniel, deixaron na cuneta a Ginés, Guille e Xermán respectivamente e disputaron unha reñida eliminatoria que finalmente se decantou a favor de Daniel, tendo nembargantes que disputar un desempate con Eric que non llo puxo nada doado.

 
     O bonito de Burela, e este ano si que foi un verdadeiro bonito, facilitado pola nova fraquicia burelense "O Buril", pescouno a man Daniel. Eric segundo e Hugo terceiro, recibiron un agasallo como recordo.
     As clasificcións podedes velas premendo na pestana corespondente.


14 comentarios:

marcos dijo...

os remourelle bulls aí estamos, pese a ausencia da nosa gran fichaxe, salgueiro, a catro puntiños de nada!!!sempre ta ben os primeiros dias dar algo de ventaxa pra ver como se manexan os rivais nas primeiras posicions!

escapado dijo...

eCuidadin con tanta ventaxa que despos quedades descolgados no peloton pero de recolleaugas........

SALGUEIRO dijo...

Xa empezamos a liar a perdiz .....NON APRENDEDES.....

o home invisible dijo...

Tranquilos, que isto só é o comezo, deixemos que dani vaíase confiando, que intente manter ese titulo de campeon, pero posiblemente vai levar unha sorpresiña, que somos uns cantos os que practicamos no corredor da casa a falta dunha boa pista de adestramento, je je je

A Fan Dos Palanadores dijo...

Tamén vamos ter que frear a Eric, que pouco a pouco sobe posicións nos ranquíns e dixerónme que este anos quería marchar pra billardeiros musicais.As metas del din que son gañar a Daniel en individual e nos varados, pero vaitelo doado, porque no se decatou que está marquitos e Ginés.Nas donas compre decir que Reyes unhas das estrelas dos outros, vaise facer co título de campiona feminina do norleste e que tamén vai por dani.Geni recoméndoche que votes a tua compañeira, que che vai quitar o título.Uns biquiños.

Eric dijo...

A mi no me hace falta tener representantes, porque para representante tengo a Geni mi capitana y eso de que me iba ir para billardeiros musicais ya es historia.Eso de que voy a por daniel ya es muy viejo,ya no es rival para mí.Suerte para todos y cuidado conmigo.

nostradamus dijo...

vai haber nesta temporada moita rivalidade por equipos, con dous ou tres loitando ata o final. Nos individuais daniel e o claro favorito, igual que en varados. En categoría femenina Reyes pode facerse co titulo

Anónimo dijo...

Isa ou Sabeliña tamen se pode facer co titulo

Anónimo dijo...

Penso que comedes o pescado antes de collelo ide amodiño que podedes afogar con todo

Anónimo dijo...

non os deixeis enganar os ollos solo tan indo en unha dirección pero pode que algo gordo veña por moi cerca e no no veis.Coidado. vai pa todos

bonito preto dijo...

por certo , se alguén perdeu unha prenda en Burela que o diga xa que eu tiño o contacto co rapaz Cabo-Verdián-galego que a está itilizando mentras non apereza o dono ou dona.

ojeador dijo...

Os outros fan fichases de rapaces xovenes mirade para Jose Maria como loita contra o seus rivales. Animo neno que pro ano dasnos un repasiño a todos.......

Anónimo dijo...

Resposta a Fan Dos Palanadores. a ti poden dicirche moitas cousas, que si un se vai, que outro ben. que aquel vai para o outro equipo, en fin... E ti informáchete si os Billardeiros Musicais queren ter algún fichaxe? Nese equipo din que son moi selectos. Eu teño entendido que non queren a naide que elos non elixan, quero dicir con isto, que non é chegar e ala, métome aquí a xogar con estes... (insisto, polo que teño entendido).Eu penso que a campeona feminina a de ser Geni sen dúbida e o Absoluto vaiche tar reñido creo eu. Non me decanto por ninguén pero eu esperaría o despunte dalgún "novato" (sen ánimo de ofensa). un saudo

Anónimo dijo...

desde que se sae na prensa transxiversanse a informacion os distintos medios.