2010/10/13

II Aberto da Faba en Lourenzá

   Como xa notaríades os que seguides o blogue, estamos a cambialo un pouco, espero que para mellor. Tentamos facelo mais dinámico e manexable para ter tódolos datos mais perto e mais faciles de ollar. 
Ainda non está rematado nin é definitivo polo que si tedes calquer suxestión para facelo mais completo, podedes apuntala nos comentarios, seran tidas en conta. 
    O vindeiro domingo nova xornada da LNB  en Lourenzá. Disque por mor do tempo tan cativo que houbo na festa da faba, sobrou material polo que o saqueto diste ano vai estar mais gordo ca nunca. Preparade palans e billardas e todos a Lourenzá, a festa comeza a tardiña, contra as catro. Haberá fabas para o gañador e algunha sorpresa (as derradeiras novas din que Pinto, o can de Flores, está en cuarentena, e daquela poderemos estar mais centrados no xogo).

12 comentarios:

paparazzi dijo...

logo das novas chegadas á redaccion, seica en ove o martes á tarde se encontraban varios membros dos remourelle bulls adestrando para o aberto da faba.
Logo de falar co clube, este descoñecia que estes palanadores se adestraran pola sua conta sen contar coas ordes de equipo.

Anónimo dijo...

Os nosos informadores afirman que un Remourelle está adestrando desde hai tres semanas no CAR (centro de Alto Rendemento) que os Bateas teñen en Compostela. Seica está disfrutando dunha beca CALVETE (son as equivalentes ERASMUS) que a LNB ofertou para esta tempada 2010-2011.

Anónimo dijo...

Tamén disque o bo rendimento dun dos Bulls en Riotorto se debe a que pasou as vacacións entrenando cos Outros e os B.Musicais. Temos constanza que dixo o pé da letra o seguinte: "Adeprendin mais en quince días en Ove que en toda a miña vida de profisional, non sei como lle lo ei de pagar"...
Pois unha cea de marisco no San Miguel estaba bén paracomenzar.

PEPE dijo...

De pouco vale que entrenemos en centros de alto rendimento. A modalidade de puntos, e os grupos que fan está feito para os mellores e algúns non temos nin oportunidades. Este método non vale. Billardeiros e Os Outros campións antes de empezar

Anónimo dijo...

os grupos estan feitos de forma totalmente aleatoria polo que todos teñen as mesmas posibilidades de clasificarse e de sumar puntos

PEPE dijo...

ANTES XOGABAS UN DIA CON UNS E OUTRO DIA CON OUTROS E AGORA NON. A MIN E MAIS A OUTROS QUE NON SE ATREVEN A DECIR NADA TOCANOS A MENUDO A XOGAR COS QUE SODES BOS E ASI NUNCA TEMOS POSIBILIDADES. ANTES ERAMOS MENOS XENTE PERO SO HABIA UNA PISTA. AGORA SOMOS MAIS PERO TAMEN HAI DUAS PISTAS. OS QUE SOMOS REGULARES NON TEMOS POSIBILIDADES PARA CLASIFICARNOS PARA IR A SANTIAGO. O XOGO ERA O DE ANTES, ESTABA MELLOR

Felipa dijo...

Temos que decirlles os billardeirose mas os outros que se queden na casa que asi xogan os poucos que quedan........pos si faltan estos dos equipos ata logo pepiño............reza pa que esto non pase

PEPE dijo...

POIS NON SEI QUE CHE DIGA, XA QUE MOITA MAIS XENTE PAROU DE XOGAR E OUTRA NOVA APARECEU, SOLAMENTE HAI QUE PROBAR, NON CHE PARECE

Felipa dijo...

Sigo pensando que sera mellor deixar a cousa asi sin probas por si sale mal e se desfaga todo.Tu sigue entrenando e despos falamos.

Anónimo dijo...

Felipa, tou de acordo contigo, se os Outros e os billardeiros desaparecedes acabouse a liga norleste, vinde pa o sur, que sodes muy ben recibidos, e deixade a Pepe tranquilo que xogue el soliño, que e o tipico de Ribadeo, nunca se leva na a cabo por celos e politica.En Ribadeo queredeslo todo pero a o final non teis nada, con moitos Pepes asi non vades sair de onde tades.Un saludiño e por aquí abaixo tedes a vosa casa

Naonda dijo...

Nunca chove a gusto de todos. O sistema que se levaba de xogar unha liga todos contra todos, era a mais xusta, pero que pasaba? so dous apuntes:
1º que sempre faltaba xente, o último ano teñen faltado equipos enteiros cando tiñan que xogar co que moitos xogadores que iban o partido non podian xogar por falta de contrincante.
2º era unha liga pechada, so xogaba a xente anotada nos equipos sin opción a que entrara naida mais.
O sistema de ahora non é perfecto, pero foi o que se adoptou para ver de que poidera xogar todo o mundo que quixera e que cada vez foramos mais os que practicaramos a billarda. E pouco a pouco vaise conseguindo, a xente que se vai unindo a LNB no sitema vello non podería facelo.
Os grupos fanse por sorteo, aquí entra moito a sorte co que calquera pode ir nun grupo considerado forte ou noutro que nono seña tanto.
Bueno estas cousas son para falar entre todos e buscar a mellor solucción. Os que nos gusta a billarda, ó que queremos e xogar e pasalo ben sin piques nin complexos.

Markytos dijo...

Con todos os meus respetos Sr. Pepe, fíxose unha reunión a principio de liga, mellor dito, antes de empezar, para aclarar a modalidade de xogo e a puntuación. supoño que non iría, e moi típico por a zona de ribadeo (critico, que é máis fácil que botar un cable a organizar). Precisamente eu fun un dos que propuxen esta modalidade de puntuación, precisamente para equilibrar máis as cousas. non sei si está ben ou mal feito, e si vai resultar máis positivo para todos ou non, pero eu dígolle unha cousiña, dedíquese a pasalo ben xogando e compartindo unha tarde diferente o mes cos compañeiros que teñen este xogo popular como un "hobby", como algo para desconectar, e para o próximo ano, pois propaña as cousas como facemos os demás, que naide lle vai morder por dar unha opinión. Por último, decirlle como integrante dos Billardeiros Musicais, que si lle molestamos na liga que nos lo faiga saber que nos, intentamos pasalo ben, e non amargarlle a existencia a ninguén. Un saudo e sorte nas fabas.