2011/01/11

A pola-pita de Mos

   Logo das festas do Nadal retomamos a liga e chegamos o ecuador da mesma, o vindeiro sábado xornada completa de lecer en Castro de Riberas de Lea (Castro de Rei), a mañán exposición e feira da Galiña de Mos, logo degustación da mesma a precios populares e para remate a 5º xornada da liga de Billarda da conferencia Norleste. Quen queira ir pola maña, de seguro atopará unha boa acollida e modo de pasalo bén ata a hora do encontro, as catro da tarde as billardas racharán o ceo na procura do Varal.
   O clube de bolos O Cadaval ca colaboración do Concello de Castro de Rei, encárganse da organización desta xornada que contamos sexa un novo éxito.
   Está previso xa un pavillón cuberto por si o tempo non permite xogar na Carballeira, ainda que desexamos poder disfrutar do ar libre e que a auga non nos estropee a xornada.

No hay comentarios: