2011/01/16

5ª Xornada da LNB Conferencia NorLeste

   "O río cando vai cheo leva carballos e follas..." dice o canto popular e entre carballos e follas, primeiro cos ferintes raios do sol abrindose paso entre as polas para aguixar nos palanadores e logo cáseque as apalpadas, Guille pillou ao vo a Galiña de Mos.
   Un fermoso paraxe no mesmo corazón de Castro de Riberas de Lea, ideal para botar uns grolos de viño acompañando unha ración da autóctona galiña de Mos ou de pulpo (polbo para os mais puristas), foi o esceario escollido por Mario para disputar a V xornada da LNB.
   Os palanadores foron chegando por orde inversa a súa procedencia, primeiro os de mais lonxe despois os do lugar, o que sumado os traballos de marcaxe de pista, inscripcións  e sorteo de grupos fixo que o escomezo das carreiras se demorase mais aló das catro e media, de ahí que a noite se nos botou enriba sin nos dar conta.
   Malia as dificultades do irregular terreo e a cantidade de follas esparcidas pola carballeira os palanadores foron adaptándose e ca carraxe habitual, foron empurrando as billardas o mellor que poideron cara o varal.
Salientar a masiva participación no aberto do Club de bolos O Cadaval, que confirman a súa participación na liga e sobretodo a un dos seus xogadores, David, que foi quen de chegar a semifinais e mesmo forzar un desempate con Xose Rodiño, pero iste mais veteran aguantóu o embiste ca frialdade que o caracteriza e non se deixou intimidar polo debutante na liga. 
   A final foi outro cantar, Guille, o gran palanador de "Os Outros", que xornada a xornada vai a mais e apunta seriamente cara o título individual, foi o gañador cun pleno nas tres carreiras. Xosé Rodiño quedou segundo e o terceiro posto foi para Eric.
    Si o meter a dous xogadores na final xunto co bó facer de Reyes (semifinalista e millor clasificada das donas) lle xuntamos que os, ata entón líderes "Billardeiros Musicais", acudiron a cita moi mermados de efectivos, da como resultado un cambio na cabeza da clasificación. Os Outros fanse ca primeira plaza por primeira vez na tempada e ameazan con seguir nese posto ata final de tempada. Tamén os Bateas  suben o
terceiro posto a costa dos Remourelle Bulls. A cousa está quente, está que arde diría eu e promete emoción e loita sin cuartel. Agardase a vindeira cita en Meira con moita espectación.


No hay comentarios: