2011/01/30

6ª Xornada da LNB NorLeste

A tropa de Meira portouse. As baixas temperaturas e a choiva non botaron a perder unha moi disputada xornada billardeira que estaba previsto xogar na praza do convento e que finalmente se trasladou o Pavillón municipal de deportes.
Boa participación de palandores ca inclusión do novel equipo de "O Cadaval"  e tamén, por primeira vez esta tempada, os anfitrións "M DE MEIRA", por riba de organizar por segunda vez e de forma excelente ó Torneo do Lacón,  competiron tamén como equipo e loitaron bravamente, esperamos telos de novo nos vindeiros abertos.
O pavillón era propicio para os "varados" e os especialistas aproveitaron a ocasión, conseguiuse bater tódolos recors con 16 dianas na xornada e asimesmo o número de varados conseguidos por un so palanador, Daniel foi quen de conseguir 6, ainda que so contabilizan 5 por mor de que o derradeiro conseguiuno nunha carreira de desempate e non puntúa. A boa puntería o levou direitiño a disputar a final fronte a Guille e Xan Rodiño (outros finalistas xa habituais), pero aquí desapareceu a maxia e ainda que os tres xogaron a gran nivel, a sorte nesta ocasión  decantouse do lado do de Portonovo. Xan Rodiño fixose co lacón e co primeiro posto neste II Aberto do Lacón de Meira.
Subliñar tamén o extraordinario momento das féminas que están alcanzando un notabisísimo protagonismo en todolos abertos, nomeadamente Reyes que foi semifinalista e aúpase ata o 5ª posto na clasificación xeral.
Estos tres xogadores que hoxe disputaron a final, mantéñense na cabeza da clasificación e xa miran un pouco de lonxe os seus perseguidores, pero faltan tres xornadas e ainda están a tiro de billarda. Hai moito que loitar todavía.
En equipos "Os Outros" consiguen ampliar a ventaxe sobre os "Billardeiros Musicais" e parece que teñen o camiño algo mais despexado cara o campionato, e en Varados cambio de lider, si mandaba Guille con 6, ahora é Daniel o que volta o primeiro posto con 9 dianas. 

No hay comentarios: