2011/03/17

Mondoñedo agarda

     Xa está as portas unha nova agarrada billardeira. Repostos do antroido, voltamos as pistas de xogo con ánimos renovados e mais gañas que nunca. O derradeiro All Star, que se celebrou en Porto (Cabanas) veu a demostrar que xa non hai favoritos, naide domina de forma clara. Todas e cada unha das enganchadas en calquera das modalidades, foron moi competidas e ninguén repetiu. En triplas gañou Daniel, en mates Ivan, en varados Toño (ainda que con polémica arbitral) e no aberto Dani. 
    Toca centrarse na nosa conferencia e como primeiro prato, a tarta de Mondoñedo. O domingo vindeiro na alameda dos Remedios será a cita. Agardamos puntualidade e unha grande afluencia.
    Para que vallades facendo boca, comunicase que se están facendo as consultas necesarias para fixar a data do Xerro do Salnés. Abril está saturado de abertos e logo cadra tamén a Semana Santa, daquela a data mais probable pode que sexa o domingo 8 de maio. De tódolos xeitos comunicarase con tempo para facer as reservas.

1 comentario:

Anónimo dijo...

A data e o de menos o importante e que haiga viño en Meaño