2011/03/21

7ª Xornada da LNB


Onte na alameda dos Remedios de Mondoñedo celebrouse unha estupenda xornada de billarda e tal e como se esperaba houbo asistencia masiva de palanadores, as novas franquicias estiveron presentes así como algúns dos palanadores mais veterans como Servando, Bruno, Julio e a excampiona nacional Ana. Todos eles amosaron que non se lles olvidou xogar a billarda e deron bos golpes, ainda que acusaron en exceso a falta de entrenamento e quedaron as portas das eliminatorias directas. 
Como preludio da primavera que chega, o astro sol xunguiuse o carro e brilou toda a tarde, para alumear a un renacido Markytos e guialo cara a victoria final.
Xa era tempo de que o vixente campión nacional voltara para darnos unha tarde de gloria facendo dous espectaculares varados gracias os que conseguiu doblegar primeiro a Geni e logo a Eric par acadar a final.
Esta volta e debido a cantidade de palanadores, xogouse unha final a catro e acompañando a Markytos coláronse tamén dous compañeiros de equipo, os Billardeiros Musicais Daniel e Hugo; o carto en disputa foi o Bateas incombustible Xan  Rodiño, un habitual das finais en tódalas conferencias: domina no Centro, manda na Bezouqueira e cos puntos de hoxe supera a Guille e acada tamen o primeiro posto na Norleste, ainda que compartido con Daniel. Disque o seu verdadeiro apelido non é Rodiño senón "Rolo ou Rodillo".
Logo das tres carreiras regulamentarias, a clasificación quedou así. Markytos con 5 puntos Campión, Hugo segundo con 4 puntos, Xan terceiro con 4 puntos e Daniel cuarto con 3 puntos.
Os tres primeiros recibiron un pratiño conmemorativo e uns libros, agasallo do Concello, e o campión levouse a tarta  patrocinada por Txomin.
Noraboa a tribu billardeira por iste novo éxito. Tardes como ista son as que fan afición. Adiante co Varal!
 

7 comentarios:

Markytos dijo...

En primeiro lugar gracias a todos polas felicitacións.En segundo si mo permitides gustariame facer unha aclaración que creo que é polo ben do desenrolo do xogo. hai unhas normas de xogo que todos temos que cumprir, non podemos manexar as normas o antoxo de cada un, e no caso de dúbida creo que a decisión debe ser totalmente do arbitro da pista. Onte houbo unha discusión primeiro polas árbores e houbo palanadores que sairon perxudicados, e despois na final porque era a catro. tiven botando un vistazo as normas de xogo que foron feitas para este ano, e creo que está ben claro que pode ocurrir de chegar a finales a 2,3,4. polo que as puntuacións non deberan variar para os equipos, cousa que onte pasou. todos queremos gañar, eso témolo claro, e tamen acepto as condicións que onte se adoptaron antes de xogar a final, pero creo que non debe ser así. o meu equipo saiu perxudicado, hai unhas normas e son para todos iguais.O que quero decir e que se debera aclarar todo o que se refire as obstáculos da pista antes de comezar a xornada. que naide se ofenda, e simplemente unha opinión, i é por non estar todas as xornadas coas mismas discusións, o único que crean é mal rollo. un saudo e vémonos na seguinte.

Marcos dijo...

Eu levo a cabo unha función na pista, e ben seguro que teño moitisimos erros, pero o que si podo decir é que nunca tomei unha soa decision co afán de beneficiar ou prexudicar a ninguén, sexa do meu ekipo, de outro ekipo ou sexa quen sexa. Eso digoo en calker lugar e ante calker persoa.
O tema dos arbores de onte certo q houbo confusión, sobre todo na primeira billarda que marchou cara un deles. Eu dabaa como dentro por ser a arbore un obxecto da pista, pero o certo e q ao estar fora da pista o tronco da arbore deuse como fóra.
Logo co tema da final e dos puntos, eu non teño controlado cantos leva cada persoa en relación ao seu posto, nin sequera os que leva cada equipo. É algo que controla Daniel, e que creo q o fai moi ben, polo que me desvinculei da discusión, polo que non podo decir si houbo xente prexudicada.
Algo que non entendo moi ben é a crispación da xente a pé de pista cando discute estas cousas. Creo que polo ben da LNB e do deporte en xeral, hai que tomarse as cousas con mais filosofía e deportividade.

Ah, e moitas gracias a Markitos pola aclaración, que sempre axuda.

Reyes dijo...

Creo que si aspiramos a que esto sea un deporte las normas estan para cumplirse, cosa que habitualmente en esta conferencia se saltan a la torera. En la clasificación final de la tarde en Mondoñedo no creo que solo los billardeiros salieran perjudicados, lo único que creo que todos salimos perjudicados, pues uno de los jugadores, cualquiera de ellos, jugo tres carreras de mas, que desde el comienzo de esta temporada ninguno tuvimos la oportunidad, por lo que para mi ver son unos puntos que no deberían de corresponder. La crispación que hay entre la gente en las pistas no es difícil de entender, pero tan solo quedan dos jornadas para que esta temporada termine y para que algún@s jugadores tomemos un nuevo camino. Y solo es mi opinión.

Reyes dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Marcos dijo...

"Pode haber unha final a 2, 3 ou 4 xogadores, dependendo do número de palanadores, tempo dispoñible, acordo previo, etc. Si a final é a 2, a puntuación será 2,0. Si é a 3 puntuarase 2,1,0. Si a final e a catro a puntuación será 2,1,0,0."

Este párrafo ven recollido nas normas da lnb-norleste pra tempada 2010/11, polo que supoño que ninguén xogaria tres carreiras de máis.

Creo e na medida no que me é posible, intento crear un ambiente cómodo pra tod@s polo que sí que me é dificil de entender que haxa crispación.

Daniel dijo...

Hola!Se puede?...tranquis colegis! Como se nota que estamos a piques de acabar a tempada e non hai nada decidido. Cos nervios a flor de pel, tensos todos, teñamos a festa en paz e non nos excitemos en demasía que non é bo para ninguén.
Eu penso que en Mondoñedo foi como en tódolos sitios, temos que nos adaptar o terreo de xogo e poñer cada un un pouco da nosa parte para que todo discurra por bo camiño. O non poder contar con terreos específicos de xogo sempre trae algún contratempo, pero nada que non se poida superar. Onte as árbores estaban alí, decidiuse que si a billarda petaba neles era fora e xá está. Algún saimos perxudicados e outros o contrario, beneficiados, coma pasa sempre. Xogar a final a catro foi a millor decisión que se puido tomar (ainda que aceptamos sin ter poqué facelo, que ó que quedara cuarto non puntuaba como finalista para o equipo), e actuamos conforme o regulamentado.
Penso que as veces nos adiantamos os acontecementos sin razón.
O ano pasado tamén nesta pista pasou algo fora do normal.
Xogouse unha final a dous!
Bueno e qué? Naquel momento poida que fora un erro porque se podía haber xogado a tres perfectaente, pero saiu a 2 e non pasou nada.
No regulamento de 2009/2010 estaba contemplado xogar unha final a 2, 3ou 4 e o regulamento actual dice o mesmo, vanse engadindo reglas para evitar os problemas que van xurdindo nos distintos torneos.
En Mondoñedo xogouse unha final a 4 porque así o decidimos.
Fixádebos que sempre se xogan 4 turnos, fase de grupos, 1ª eliminatoria, 2ª eliminatoria e final. Deste xeito todos temos as mismas oportunidades de facer os mesmos puntos e esto si que non o podemos alterar. Xogar a final a 2, 3 ou 4 so é un detalle que nin vai nin ven. Todo o que pase a 2ª eliminatoria ten dereito a xogar a final. Teñen que ser 3? A conto de qué?. Que se faga final a tres habitualmento non é normativo, é simplemente polo número de grupos que soe ser impar.
Espero que tomedes esto como unha simple reflexión e que disfrutemos do xogo, que o fin é o que todos pretendemos. En Mondoñedo pasamolo moi ben, o único que fixo o parvo fun eu que me quedei sin un punto para o meu equipo. Bicos a todos

Marcos dijo...

Eu o unico que non teño e tensión!!!jeje.
Tes razón, e todo bastante facil!
En Lugo voltaremos a pasalo o mellor posible!