2011/04/12

Imos a Lugo

O sábado a LNB tira cara a cidade de Lugo para afrontar o penúltimo seto da Conferencia Norleste. As espadas están en todo o alto e ata agora solo se coñecen os dous equipos que van a Conxo, pero non en que orden o farán, estan separados por dous puntos e as dúas últimas xornadas seran decisivas cara o título, como quen dí o que mas chifle, capador. Os irmáns de Madia Leva, teñén preparada una pista de herba artificial, unha nova esperiencia para a tribu billardeira que fará o seu debut nesta superficie, esta por ver con que resultados.
      A loita individual está moi parella e aberta a distintas posibilidades o igual que a de varados, ainda que Daniel domina con 4 varados de ventaxe, en dúas xornadas pode pasar de todo. Non se sabe en herba artificial como vai ser, pero en Remourelle hai palanadores que si teñen un bó día poden facer uns cantos varados e darlle a volta a clasificacióbn. O que si agardamos e unha asistencia masiva a estos dous últimos asaltos. De momento o vindeiro sábado 16, vémonos todos na Piringalla! Á pista está na rua Poeta Manuel María. Que non falte naide!

No hay comentarios: