2011/08/24

Ca vista no comezo da tempada

Cos deberes feitos, camiñamos firmes cara a unha nova tempada da LNB que comenzaremos en Burela co xa tradicional Aberto do Bonito o vindeiro día 17 de Setembro.
Na xuntanza que tivemos onte no Asador, aprobouse tanto o calendario 2011.12 cuanto as normas que o van a rexir para a nosa conferencia Norleste, o que temos xa a disposición nas pestanas correspondentes de iste blogue. Faltan confirmar as datas dos Abertos fora da liga regular pero posiblemente non haxa moito que cambiar.
Para facer boca e ir poñendose a punto, iste sábado en Santalla-A Pontenova, temos o Aberto das Troitas na mostra de xogos tradicionais para seguir xa o día 3 de Setembro co Aberto das Festas Patronais de Ribadeo que se disputará sobre herba no Colexio Grerorio Sanz como se fixo o ano pasado.
Na Pontenova seguiremolo programa establecido no cartel, e dicir, a mañan contacto ca pista, Concurso de Varados e inscripcións para o aberto da tarde que comezará con puntualidade dado que as previsions son de que se apunte unha morea de xente.
Seguiremos informando de calquer novidade.

No hay comentarios: