2011/06/27

Ven, ven, beee...nnn cordeiriño ven.


 

Entraba en tódalas quinielas, ainda que Os Outros (Riboutros) e  Extension Agraria (Vilamar) se meteran de cheo nunha liorta dialéctica sin trascendencia, os amos do año voltaron de novo e deixaron craro dende o principio que viñan dispostos a rapar a ovella. A sorte os emparellou cos actuais campións da conferencia na pista 1 e co voluntarioso equipo Astur e de novo Os Billardeiros Musicais (Ribilleiros) sairon victoriosos e pasaron a final.
  
(Flores entrega un agasallo o equipo Astur que loitou bravamente na Devesa)

          Na pista 2, tamén o equipo de Remourelle, moi ben reforzado polo fillo pródigo Muriego e mais por Bea, mostraronse tremendamente superiores a San Cosme e a Vilamar.

(Bea e Muriego en pleno esforzo co equipo de Remourelle)

          A final estaba servida, dous clásicos  Remourelle e Ribilleiros reviviron vellos enfrontamentos. Os dous pasaron folgadamente como primeiros de grupo, tocaba ver como se desenvolvía a loita directa. Cinco series de cinco carreiras para decidir si o año voltaba para a montaña ou ficaba mais perto da ribeira.
         Comenzaron pegando os Ribilleiros que logo das dúas primeiras series gañaban por 2 carreiras. Nas dúas seguintes foi Remourelle quen dominou chegando a igualar o marcador.

(Franco, con 8 puntos sobre 10, foi o mellor da final)

         As derradeiras  cinco carreiras comenzaron con Muriego Vs. Daniel empatados e Ginés Vs. Hugo tamen empatados, foi Markytos (subcampión nacional) quen co seu triunfo sobre Suso lle votou a man o año e o pillou dunha pata e na seguinte carreira Franco (o italogalego superstars) pillouno pola outra pata gañándolle a Andres. Xa todo o pescado estabba vendido, a derradeira carreira non tiña nin tivo influenza, Bea Vs. Julio ficaron empatados.

(Os Ribilleiros co año mouro, outra vez albino, da LNB inmortalizados pola cámaras)

       De novo e por segundo ano consecutivo, os Ribilleiros foron quen de gañar o año. Ben seguro que a estas horas está xa colgado e listo para pasar o congelador en espera de que todos xuntos o vaillamos a xantar.

No hay comentarios: