2011/08/30

V Trofeo Festas Patronais de Ribadeo

     O derradeiro sábado disputouse un aberto de Billarda en Santalla-A Pontenova no marco da IV Mostra de Xogos e Deportes Tradicionais. Tanto a mañán como a tarde, tivemos a disposición palanes e billardas cas que moita xente puido probar as súas habilidades e algún tamén se animou a participar logo nos abertos.

     O aberto da mañán, sustituindo o concurso de varados anunciado, foi unha proba cara a tarde, para tomar tempos en función da xente, decidir carreiras a xogar, etc. 
     Xa a tarde logo do xantar conxunto na Casa da Cultura da Pontenova, deu comezo o aberto ca presenza de abundantes palanadores,  destacaron  Carme, Miguel e Regueiro do novo equipo Sparta da Pontenova, mesmo Ventura disputou un desempate co veterán Suso dos Bulls e estivo a piques de pasar de rolda. 
     Disputouse unha final a tres carreiras entre os cinco seguintes: Coedo, Daniel, Guille, Reyes e Vilariño (Suso dos B ulls). Nesta final resultou gañador Daniel, que fixo pleno, seguido de Reyes e terceiro foi Guille logo de superar no desempate a Vilariño. 
       Además dos trofeos para os tres primeiros, o gañador recibiu un lote de troitas e a comisión organizadora fíxolle entrega a Daniel, como directivo representante da Asociación O Varal, de un agasallo consistente nun exemplar do libro "O Pobo das néboas" e mais dun metacrilato co programa dos Xogos.
     E como xa saberedes, un ano mais acudiremos o Colexio Gregorio Sanz para disputar un dos derradeiros abertos de veran que servirán de preparación para a tempada que comeza. 
     Agardamos que todos os palanadores acudan en masa, tanto os xa veteráns como os novatos e mais as novas franquicias, poderemos medir forzas co horizonte na nova tempada que comeza o 17 co Aberto do Bonito en Burela.
     Lembrade tamén que o día seguinte, o 18 de setembro acudiremos a Remourelle para dar conta entre todos do año e mais do pito que xa están agardando por nos. Faremos un abertiño non puntuable en sesión vermú e logo xantaremos en boa armonía coma sempre facemos. E convinte que confirmedes a vosa asistencia o antes posible para que Lola saiba con canta xente ten que contar a fin de facer sitio para todos. 

No hay comentarios: