2011/09/13

Arrinca a LNB no Norleste

     Como corresponde a conferencia nai da LNB, abrimos fogo antes que ninguén, e facémolo un ano mais en Burela para festexar que a costeira do bonito xa vai indo.
     Ás franquicias xa consolidadas xúnguense ista tempada outras novas que veñen moi crecidas logo da súa mais ou menos exitosa participación nos distintos torneos de verán e as futura novas estrelas están rabeando por presentar candidatura e conseguir un posto no grande firmamento da LNB. Algúns conseguirano, outros quedaran no camiño, pero non cabe dúbida de que todos poñerar o millor de sí e haberá mais dunha agradable sorpresa.
     Nas dúas edicións anteriores deste Aberto o gañador foi Daniel, repartindose o segundo e terceiro posto entre Eric  e Hugo. Dísque a terceira vai a vencida e de fontes fiables sabemos que Eric aproveitando que Hugo está de viaxe ten gañas de subir o caixon no primeiro posto. Será quén de o conseguir? Seguirá Daniel mandando niste aberto? Algúnha supernova dará a sorpresa? ... Moitas preguntas que o sábado terán cumprida e puntual resposta.
     Haberá cambio de esceario, xogarase o aberto na ensenada do porto, donde todos e cada ún dos palanadores/as loitarán por unha boa pesca.
     Recordade:  puntualidade, paláns suxetos, medidas regulamentarias, etc.etc. Cada equipo debe presentar un listado cos xogadores que o compoñen e en todo moemento o regulamento acordado na xuntanza correspondente será respetado.  Que a sorte nos acompañe a todos.

No hay comentarios: