2011/09/19

1ª xornada da LNB Norleste 2011.12

     Contra as 16,00 h deu comezo o goteo de palanadores ó porto de Burela para disputar a 1º xornada dunha nova e ilusionante tempada na conferencia Norleste da LNB. O III Aberto do bonito xuntou a medio cento de palanadores baixo un ceo azul despexado e no que as escandalosas gaivotas foron sustituidas polo vo menos ruidoso das billardas.


     Entre os dez equipos en liza, debutaban con moita ilusión e non faltos de eficacia os Troitas Bravas de A Pontenova  e o Spartak de Muimenta que, xunto cos xa habituais e mais veteráns, convertiron o peirao burelés nunha gran festa billardeira chea de luz e color.
Xa no eido puramente deportivo, puidose comprobar que os abertos do verán cumpriron co  seu obxetivo de por os xogadores en forma. Os primeiros postos cada intre son mais competidos e dificiles de acadar. Naide ven de comparsa e todos e cada un dos palanadores teñen opcións de gañar. 



     A novidade do sistema de xogo diste ano tivo un exitoso comezo. A dispar sorte nos emparellamentos permite as sorpresas en cada xornada e os a priore "favoritos" non o son tanto con iste sistema como no xogo por eliminatorias.
    Cada palanador dispuxo de cinco carreiras para propoñer a súa candidatura o trunfo final. Logo de finalizar fixeron pleno de 10 puntos (dous por cada carreira gañada) Guille de "Os Outros" e Martiño de "Remourelle Bulls". Nun desempate a 2 carreiras Martiño tivo que se conformar co 2º posto sendo Guille o Campión do Aberto.


      Ós 9 puntos chegaron Juan e Markytos (ámbolos dous de Billardeiros Musicais) e Xosé Rodiño de Bateas. Logo de 3 carreiras de desempate foi o Bateas Xose Rodíño o que subio o caixon como 3º clasificado.
     Os tres primeiros recibiron sendos agasallos conmemorativos patrocinados pola Asociación o Buril, que tódolos anos colabora e mesmo participa no aberto. Tampouco faltou o bonito para o Campión, ainda que desta volta levouno xa perfectamente envasado. Na foto vemos a Guille ca monteira, niste caso non de jaiteiro senón de jañador do aberto. Bo comezo para o Campión de Os outros que por riba acadou tamén 2 varados dos catro que se conseguiron na xornada, os outros dous foron de Juan (B.M.) e de Muriego (Remeourelle Bulls).

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Grande cronica Daniel!!
marcos

Liga Norleste dijo...

Graciñas marcos.
Nota: Si vedes algún erro, comunicadeo. De feito tropa lixeira viu un na clasificación e xa está arranxado. Na vindeira xornada tentaremos ter xa ou completar o listado final de palanadores.

Anónimo dijo...

A gran noticia e que Geni vai por diante de Reyes na clasificación xeral.

Anónimo dijo...

e dous de remourelle diante de gines

Anónimo dijo...

GINES...ESKIROL!!!

Anónimo dijo...

busca esquirol no diccionario

Anónimo dijo...

esquirol ou transfuga, pero eso si, a altura do betun

Anónimo dijo...

Non sabedes usar os diccionarios?? Un esquirol é unha persoa que vai traballar cando hai folga.