Co día que estaba, de seguro que saian os coscos, pero na serpe multicolor da LNB non temos concha e cada un protexese da auga como pode, algúns, disque ata a beben, pero coido que son os menos; mentres haxa viño, a auga para as ras. Daquela e logo d'unha concienzuda ollada o terrero de xogo por unha boa parte
dos palanadores, decidiuse dar aviso urxente para o troco de pista e tirar cara o pavillón
deportivo de San miguel.
Os Cochikeiros de Cerceda, que xogan na conferencia
NorOeste mandaron en representación a dous dos seus compoñentes, Antón e
Berdillo que tiveron unha boa actuación na súa primeira incursión billardeira nas terras mariñans e dalgún xeito supliron o oco deixado por“Os Batea” (que tiñan tamén xornada puntuable
na súa conferencia nai, a conferencia Salnés, e desta volta non se desprazaron.
Tarde axeitada para os especialistas en varados, pero o que ten cú ten medo e con so tres xornadas por diante para cerrar a tempada regular, vese que os
palanadores prefiren non arriscar mais do necesario e tentan asegurar os puntos que os metan na
clasificación para as finais nas pistas de terra batida de Conxo. Na mesma pista que ten o mellor rexitro da tempada con catorce
varados acadados na xornada 4, desta volta só se fixeron
sete tiros directos, quedando extranamente sin mollar Eric, o actual xefe na clasifica, do mesmo xeito outros especialistas como Markytos ou Charli tampouco fixeron varado ningún.
O xogo desenrolouse con moita normalidade ainda que
como sempre non faltaron as sorpresa non
agardadas que amolaron a uns e deron ledicia a outros. Disque os debutantes da
conferencia NorOeste chegaron eiquí co gallo de estudar as posibilidades reais que teñen no ALL STARS que se celebrará o vindeiro
domingo día 11 en Cerceda (A Coruña). Xa poden dar fé de primeira man do potencial co que se van atopar.
Non se procucen grandes cambios nas clasificacións.
Guille, que se está a marcar uns pasiños de samba no seu Brasil natal, como
lóxicamente se pode adiviñar, non participou nesta xornada e xa que logo perde
postos na clasificación en favor de Regueiro. O troita brava segue en moi boa racha cara arriba, as súas
obligacións laborais obrigábano a rematar axiña
e daquela xogou as súas carreiras sen presa pero sin pausa e foise con
oito puntos no peto.
Si á falla de Guille en “Os Outros” engadimos a
irregular xornada do resto de compoñentes,
temos como resultado que os “Billardeiros Musicais” pegan un brinco ata
os 13 puntos de vantaxe. Nada definitivo xa que como se soe decir ainda está o
capador enriba da cocha, e esta cocha e moita cocha! pero a xanela pola que se olla o ceo xa se ve
mais perto.
Os tres primeiros co omnipresente Flores |
O xornada rematou con empate a 9 puntos entre Juan
(Billardeiros Musicais) e Rodrigo (M de Meira), que se desfixo en favor de
Juan.
O 3º posto foi para Markytos (Billardeiros Musicais)
con 8 puntos logo de gañar o desempate co seu compañeiro Franco, con Carlos
(Toitas Bravas), con Mondoñedo (Bitere-Ekipa) e con Outeiro (Corredoiras).
No hay comentarios:
Publicar un comentario