2012/03/26

9ª xornada da LNB NorLeste

      Guille non poido revalidar o triunfo no campo de herba artificial da Piringalla en Lugo. Motivos personais impediron que tanto él como a maioría dos seus compañeiros de equipo poideran desprazarse a competir. Dende a LNB sentimos fondamente o mal grolo polo que están a pasar e mandamoslles o noso apoio. Animo.

      Xuntámonos 58 palanadores repartidos en catorce equipos e baixo un esplénido sol compartimos mais unha vez a festa billardeira baixo a atenta mirada de algunha veciña, que temerosa, pregaba para que as billardas non bateran nos cristais da súa vivenda. Moitos foron tamén os viandantes que se achegaban a interesarse polo desenrolo do xogo e ficaban abraiados da vistosidade e dinamismo con que se competía.

      Cada quen presentaba a súa candidatura o trunfo final, así Regueiro gabábase da navalla que gañou na Pontenova e mais ainda logo de sair victorioso na súa primeira carreira con Eric (un dos sempre favoritos); logo chegou Richar e acabouse. O mesmo pasou cos outros candidatos ao pleno. Xan Rodiño sacoulle dous puntos a Markytos pero perdeu un punto con Geny. A Daniel foi Eric quen lle empatou. Luis xa comenzou cedendo un empate. Marcos caeu na segunda carreira e Bea na terceira. A Franco foi o seu compaeiro Juan quen o sacou da loita polo pleno cedendo él dous empates. Eric como dixemos xa perdeu a primeira con Regueiro e Geni non tivo o seu día a o igual que Martinho, Nacho ou Camiña.

      Así centrados nestos descartes, outros sen presa pero sin pausa foron sumando puntos, tal é o caso de Angelín de Almuinha ou Hector de M. de Meira que so cederon un empate e loitaron polo 3ª posto con Xan Rodiño e Daniel, sendo finalmente Xan Rodiño con un pleno nas cutrao carreiras disputadas quen subeo o terceiro caixón en Lugo.
      So restaban invictos, Pepe de O cadaval e Cascarillas de M. de Meira. As derradeiras carreiras que disputaron foron seguidas con moito interese e cada golpe jaleado polos compañeiros ata o desenlace.
Elos se enfrontaron polo podio, aquí Cascarillas demasiado presionado non aguantou e cedeu ante un mais curtido nestas lides Pepe. Así pois Pepe Campión do V Torneo Cidade de Lugo e Cascarillas foi segundo.
      Por equipos, a merma en Os Outros, fai que os Billardeiros Musicais se distancien ainda mais, sendo tamén os que fixeron nesta xornada con 33 o maior numero de puntos, seguidos de M. de Meira con 32. Os tropa lixeira van a mais pero ainda lonxe dos Troitas e dos Bulls que manteñen entre eles unha apaisoante e moi parella loita. Segen mantendo as distancias entre eles en cinco puntos a favor dos Bulls.
      A vindeira xornada que será a penúltima, está programada para o domingo 15 de abril en Celeiro, donde tanto Markytos como os Billardeiros Musicais poideran dar un derradeiro paso cara o título e mesmo deixalo xa finiquitado. Mais axustado está o título en Varados que con seguiridade se decidirá na derradeira xornada.

No hay comentarios: