2012/04/17

10ª xornada da LNB NorLeste. "I Aberto do marisco de Cortello"

Finde pasado por auga “en abril augas mil” e a choiva estivo indo e vindo perante toda a tarde do domingo día 15 polo que a 10ª xornada da LNB tivo que ser trasladada dende Celeiro ao pavillón de San Miguel como xa ocurrira co Aberto da Tarta de Mondoñedo. Disque xa se está a traballar no diseño dunha billarda estanca ¿?
Pois en tanto, contra o mal tempo boa cara, a familia billardeira fixo fronte o frío e a auga da tarde a cuberto e co bo ánimo de sempre. O chan do pavillón é imprevisible e dalle un plus de dificultade a xogadores acostumados os espazos abertos mentres beneficia a outros mais moderados no seu golpexo. Un so golpe pode darche a victoria ou chimparte fora da carreira. Así se comprende a cantidade de varados acadados: dezaoito en total que supera o rexistro anterior de 14 na xornada 4ª tamén xogada no pavillón de San Miguel.
Novo rexistro tamén de puntos dun equipo, os Billardeiros Musicais acadan 36 de 40 posibles (cos 9 de Hugo serían 37, pero non puntúa para equipo por figurar como palanador reserva), que os convirte matemáticamente en Campións da Conferencia.
En varados Eric cos 2 conseguidos nesta xornada brinca ata 9 e pónllelo moi caro os seus máximos rivais e perseguidores que ahora quedan a 3 varados de diferencia. en Remourelle todo é posible, a pista tamén e axeitada, pero facer 4 varados en cinco carreiras non é doado, e logo agardar que Eric non consiga ningún.
En individuais trocou o conto, Markytos que xa tiña amosado a súa malquerencia para xogar en pavillóns, non tivo o día e o colchón de seis puntos que tiña  desinflou a só dous, que son os que agora ten por riba de Daniel. Non sinte ainda o alento na caluga pero só porque como fai frio ten o colo a bo resguardo co chaquetón. Remourelle historicamente deuselle bén, pero que non se durma na derradeira xornada. Que razón tiña o se queixare! A billarda xógase o ar libre e non a cuberto!, foi o seu peor resultado na tempada con so 4 puntos de 10 posibles.
A ausencia de Reyes nas dúas derraderias xornadas fíxolle perder toda opción o podio, nembargantes sigue a ser a Campiona indiscutible da donas ainda que tampouco participe en Remourelle, pero vai estar ahí, seguro.
Como xa comentamos o terreo era propicio para as sorpresas, e como as bruxas, habelas houbo. A falta dunha carreira so dous xogadores mantiñan o pleno. Coedo (Billardeiros Musicais) que se enfrontaba a Geni (Os Outros) e Balea (Bateas) que tiña por rival a Lucas (Remourelle Bulls). Todos dabamos por seguro que Balea o tiña feito, xa que Lucas é un dos principiantes e so participara en dúas xornadas, e Geni pola contra non era facil rival para Coedo, en pavillón é quen de lle gañar a calquera, de feito e a dona que xunto con Reyes mais finais xogou, foi Campiona Nacional no 2009 e gañou una volta en Lugo e este mesmo ano na Conferencia norleste en Perillo, sedo finalista outras dúas mais.
Saltou a sorpresa, Balea chimpou a billarda fora por dúas voltas e Lucas foi paseniño achegándose ata traspasar o varal diante do de Portonovo. Pola contra Coedo mantívose firme e rematou gañando a Geni polo que ao tempo se proclamou campión do aberto con 10 puntos sobre 10.
So cederon un empate e remataron con 9 puntos, Franco, Hugo e Juan dos Billardeiros Musicais e Guille de Os Outros. Da loita entre eles polo segundo e terceiro posto a cuatro carreiras quedaron fora primeiro  Franco e logo Juan acadando Guille o 2º posto
 e Hugo o 3º.

Antes da entrega de premios, Luis do equipo Bateas, recibiu o "Varal de Amieiro", distinción que otorga TodoLNB por ter conseguido 33 varados na súa traxectoria en competición e que ata o de agora so tiñan Xan e Xosé Rodiño de Bateas, Iván de Furabolos e Daniel de Billardeiros Musicais. Quedan as portas ca posibilidade de donseguilo en Remourelle, Markytos que ten 32 e mais Eric que suma 30.
Os tres vencedores recibiron de mans do delegado de Cultura e Deportes Antonio Veiga un trofeo e unha bolsa co “marisco de cortello” obxeto do Aberto.
So falta a derradeira xornada de Remourelle que esta fixada para o sábado 12 de maio. Sairán o resto de Campións (en equipos xa o son os Billardeiros Musicais e en donas Reyes) e a xente que acade posto para as finais de Conxo, pero denantes teremos a disputa do Xerro do Salnés en Xil-Meaño o 29 deste mes de abril.

1 comentario:

Daniel dijo...

Atendendo unha reclamación, actualizamos clasificación en VARADOS. Muriego fixo 2 e non 1 como ten anotado. Na vindeira xornada quedará regularizado nas taboas.