2012/05/14

11ª e derradeira xornada da LNB NorLeste

      O sábadao 12 de maio demos por acabada a tempada regular da LNB na conferencia NorLeste. Non se produxeron sorpresas. O cativeiro día que nos acompañou en Remourelle, frio e ventoso fixo que a xente optase mais por asegurar os puntos que outra cousa. Nembargantes a serpe multicolor da LNB loitou contra os elementods e celebrou por tódolo alto unha liga que ainda que non o pareza, resultou ser unha das mais disputadas con cambios  constantes na cabeza da clasificación, soio ao final pareceu decantarse definitivamente. Daquela Remourelle con cáseque todo decidido trocouse en xornada de tránsito e confirmación sin variacións nos postos que dan dereito as finais de Conxo do vindeiro 27 de maio.
      O aberto Gañouno Markytos logo dun desempate con Eric, ámbolos dous fixeron pleno. Regueiro que ainda tiña esperanzas de conseguilo podio, tivo que se corformar coa terceira plaza tanto no aberto como na xeral  confirmando deste xeito a súa asombrosa progresión.
      A taberta de Lola convertiuse un ano mais en esceario de entrega de premio e lugar de fin de festa con cánticos, vítores e donde nun faltou a música de gaita.  Flores e Marcos fixeron de mestres de cerimonia para a entrega dos premios do aberto.

      Gañador do aberto Markytos que acada o coello (neste caso coella e por riba preñada), como sempre doada po Suso Villarino.
      Eric como 2º e Regueiro como 3º recibiron sendos trofeos  doados por la Diputación de Lugo.



      Como campións da Conferencia resultaron gañadores e recibiron de mans do concellal de deportes, Vicente Castro, os trofeos donados unha vez mais polo Concello de Ribadeo os seguintes:

      En donas Reyes de "Os Outros", actual Campiona Nacional e firme candidata a reconcar, a súa ausencia nun par de abertos quitoulle as posibilidades de loitar con Markytos polo título individual absoluto.

      En Varados resultou campión un dos palanadores mais novos. Título que viña perseguindo dende fai dous anos e que finalmente a terceira foi a vencida. Parabens para Eric de "Os Outros".

      Como campión individual absoluto resultou un dos palanadores mais carismáticos e laureados da LNB. Bicampión Nacional, actual subcampión e dende agora tamén bicampión da Conferencia NorlLeste, falamos de Markytos de "Billardeiros Musicais".

      Por último os campións por equipos: "Billardeiros Musicais". Conseguiron o podio non sin atrancos e recoñecendo a dificultade pola gran calidade do resto de equipos.
      Deste xeito e finalizada a tempada a lista de clasificados para Caonxo quedou como sigue.
En equipos os "Billardeiros Musicais" e "Os Outros"
En donas estan clasificadas Reyes, Bea, Geni, Carme e Ana ou Isa (empatadas a 35 puntos).
Para loitar polo título de varados estan: Eric, Guille, Charlie, Regueiro e Daniel.
E para o individual absoluto están: Markytos, Daniel, Regueiro, Eric, Franco, Marcos, Martiño, Reyes, Guille, Nacho, Suso Coedo e Xermán (se non se fixera repesca, poidera entrar tamen Charlie.
      Parabéns a tódolos que de unha forma ou de outra participan e colaboran en que o xogo-deporte da billarda siga adiante e que cada volta sexan  moitos mais os equipos e palanadores que participan nos abertos. 
Ata que comece a próxima tempada seguiremos facendo abertos de verán como sempre. Billarda sempre! Adiante co Varal!

No hay comentarios: