2012/06/06

Conxo 2012

     Chegou o día tan agardado. A festa da grande Final de Conxo quedou deslucida pola choiva pero nin por esas se suspendeu. Fallou parte da xente, pero a Billarda segue adiante sen recuar e salta por riba de tódolos atrancos que atopa no camiño. As donas demostraron gran carraxe ao romper o fogo nunha pista coberta de pozas e imposible para a práctica de deporte ningún. Nembargantes as billardas romperon o ar ao berro de Billarda sempre! Adiante co Varal!

     A mañan pasámola agardando, medindo o material, buscando o consenso nas medicións e  falando diversos temas  relacionados cas eliminatorias e outros puntos de interese común, finalmente decidimos xantar e logo xa se vería o que se podía facer.
     Logo do xantar había que tomar unha decisión e as mulleres deron un paso adiante: Viñemos a xogar e xogamos! Dito e feito, con chubasqueiro unhas, con bolsas de plástico a xeito de zocas outras e a pelo as mais, saltaron a lameira palan en alto e... a xogaaarrr....!

     As carreiras foron pasando e mais de unha favorita quedou fora as primeiras de cambeo (entre elas a vixente campiona Reyes, Raquel, Bea, Ioli, ect.etc.), a lameira en que se convertiu o campo puxo a súa parte no desenlace das eliminatorias nas que destacaron as palanadoras do Salnés. Chegou a final unha novata que viña pisando forte nos derradeiros abertos. Lu dos “Corredoria”  viuse na final contra Geni de “Os Outros”,  veterana excampiona que viña con gañas de repetir título.  Enfrontamento moi igualado que tivo que ir ao desempate. Un erro de Geni foi dabondo para que Lu sentenciara e se convertira en Campiona 2012. Terceira foi Elena, dos Bateas e cuarta Cheli dos Corredoiras.

      Pasamos os varados donde as billardas molladas e cheas area, esixían mais forza que destreza para achegalas ao Varal. Despois de  sete intentos e de acortar a pista uns metros, Xan Rodiño de “Bateas” foi o afortunado en traspar a liña do varal. Tal fazaña serviulle para  acadr o título de Campión de Varados 2012.

     Ca melloría do tempo (xa deixara de chover) deu comezo a competición por equipos. Fixo o saque de honra o ciclista galego Ezequiel Mosquera baixo unha calurosa ovación  e repetiu saque o tamen ciclista-LNB Rubén Sánchez, campión galego en ruta e con millor  xeito para lle dar a billarda que o seu compañeiro.
     Aquí non houbo sorpresa ningunha. Cumpriuse o pronóstico dos favoritos  e repetiuse o do ano anterior.  Bateas primeiros e a cinco puntos os Billardeiros Musicais segundos. Terceiros quedaron os debutantes Corredoiras.

     A final individual absoluta foi moi disputada. Markytos (que xogou tódalas finais ata agora con dous títulos e dous segundos postos), era o máximo aspirante a Coroceiro Nacional pero non puido pasar de oitavos e caeu contra Guille. Nas dúas semifinais enfrontaronse Guille Vs. Xan Rodiño e por outra banda a Eric Vs. Rubén Otero. 
     Xan Rodiño que chimpou fora a Guille, tiña na súa man acadar os tres títulos en xogo. Xa era Campión en varados, tamén por equipos e faltaba o individual absoluto. Ruben Otero, o outro finalista que se desfixo de Eric, era un duro adversario que estaba a xogar maxistralmente  e tiña en mente recuperar o título que xa acadara en 2009.
     Rubén Otero comenzou algo dubitativo e un pouco floxo pero en cada carreira  o seu nivel subía e a concentración era máxima. Por riba contaba co seu abroncador particular, Serxio, que o increpada duramente antes de cada golpe e abofé que fixo efecto,  O de Mos non deu respiro e aproveitou un par de erros de Xan para vestir a Coroza como bicampeón. Eric rematou terceiro e cuarto Guille.
     Houbo trofeos  para tódolos gañadores, autoxestionados polas conferencias e co patrocinio de Tenda Galiza, Cervexa Menduiña, Radio Música en Galego e o Concello de Santiago de Compostela os que agradecemos enormemente a súa colaboración e implicación  na Billarda.

    A tempada regular rematou, agora toca disfrutar dos abertos de verán que se están a espallar por  toda a xeografia e cada volta son mais. Comenzamos o domingo en Muimenta, logo no Masma, logo o Año Mouro, logo....moitos, moitos mais.

No hay comentarios: