2012/06/25

Interparroquial 2012

     As charamuscas das fogueiras de San Xoan espallan polo vento os sons dos abertos de verán de billarda. Como novedade iste ano xa ten comezado o circuito de verán ca disputa da chaqueta de pana cordinado polo Salnés e mailo Centro e tamén como novidade no Norleste temos feito o peche do ano escolar no IES Gamallo Fierros e no CEIP Gregorio Sanz cunha mostra da billarda  diante dos alumnos  dos cursos mais avanzados e ca participación multitudinaria dos mesmos.
     Entre tanto aberto de verán, unha data moi agardada  é a do torneo interparroquial que se vai disputar o vindeiro sábado 30 de xuño. Torneo por equipos que encadran a xogadores do mesmo lugar ainda que cada un deles compita habitualmente defendendo outros colores. Cada equipo estará composto po CINCO PALANADORES/AS.
     O primeiro clasificado será dono do AÑO MOURO, o derradeiro levarase a cullere de pau como recordo. Será no campo de futbol da area recreativa da DEVESA. Comezo das eliminatorias as 11.30 h., parada para xantar  no Restaurante A Parrilla (menú a 10 €) e remate do torneo a partires das 16,00 h 
     Como fin de festa no Rockuncho de Ribadeo, Miguel Alonso e a sua Banda faran apresentación do seu disco "A noite dos Cans"
     Para poder facer con tempo a reserva do xantar, confeccionar cadros de eliminatorias ect. ect. marcase como data tope de inscripción de equipos o mércores 27 as 24,00 h. Podedes anotarvos polos conductos habituais de mail ou tlfno.  Agardamos por vos.

No hay comentarios: