2013/02/28

8ª xornada da LNB NorLeste

Home, si levou o lacón... a tarta tiña que ir no lote.

        Estou na casa amantado como nunca e ca calefacción acendida e cando me poño a escribir estas liñas lembro aquelo de: “¡Cuando el grajo vuela bajo, hace un frío de carajo!”  e penso eu que hoxe o diaño do paxaro debe andar arrebolado polo chan sin levantar voo porque non se para de frio.
        Ben, o conto é que nin frio, nin choiva, nin neve, son quen de parar o empuxe da LNB (Billarda sempre! Adiante co varal!), pola contra ainda aproveitamos o curto mes de febreiro para facer no troco dun, dous abertos, e ten a súa lóxica, donde vai a ola que vaia a tapadeira. De Meira Charli levou o compango (lacón e chourizos) e faltaba o postre para completar a enchente, daquela achegouse a Mondoñedo a pillala tarta, porque "ir pa na" como que non vale a pena non?
O de Muimenta mais que un carabullo parece una rolla enteira que leva por diante canto atopa. De novo fixo pleno nas súas carreiras ainda que tiña dos pretendentes a igualalo, o xoven palanador Eric que si o conseguiu e Markytos que non puido, ao se ver sorprendido por Diego cun varado, e quedou fora do podio. O terceiro posto foi para Marcos dos Remourelle Bulls que acadou 9 puntos amosando a regularidade que ven mantendo toda a tempada. No desempate Eric puxo emoción ao conseguir empatar a primeira carreira cun varado espectacular, pero non puido rematar a faena, na segunda carreira gañou Charli que ficou como primeiro.
Un total de 46 de palanadores desafiando as cativas previsións de auga e neve, se achegaron a alameda dos Remedios de Mondoñedo, donde se disputou a 8ª xornada puntuable da conferencia NorLeste da liga nacional de billarda. Nalgún momento asomou a choiva e apenas unha presada de granizo fixo acto de presencia perante a tarde sin que o ritmo da competición tivera que ser alterado. Desta volta, ainda que tamen había xornada no Centro non faltou representación do Sur, entre nos tivemos moi gustosamente a Gil e a súa Moza Sonia que comprobaron en situ a calidade dos palanadores do NorLeste.
Xornada irregular donde cáseque tódolos favoritos se deixaron algún punto inesperadamente, agas os referidos dous que fixeron pleno. Os varados tamen andiveron escasos, so se contabilizaron 5 dos cales 2 foorn para Markytos que andaba algo descolgado e así xúnguese o grupo de cabeza.
           A nota pintoresca do día puxoa ó seleccionador Manolo Flores que se presentou na pista acompañado da sua mascota “pinto” (o cadelo amigo de Ginés), moi ben pertrechado para asistir logo do aberto ó desfile de carnaval de Trabada. Naide lle preguntou o can, pero daba a impresión de que non estaba moi cómodo co disfrace.
           Os tres primeiros do aberto recibiron os trofeos en especie das mans de Carlos e Merce (ante a insólita desaparición momentanea do seleccionador Flores que seica andaba nas berzas), tartas de Mondoñedo para Marcos como 3º, Eric como 2º e o gran Charli como campión.
           O equipo  vencedor da xornada foron  “Os Outros” de Ribadeo que recuperan a segunda posición fronte os Tropa Lixeira e recibiron como agasallo un botellon de mencia da Ribeira Sacra, doada por Txomin do Baleco.
Charli sigue dominando a clasificación xeral e tamen a de varados polo que sin duda se pode afirmar que hoxe por hoxe, e mentres naide demostre  o contraio, e o palanador máis regular e mais en forma da Conferencia Norleste.
            O vindeiro sábado 2 de marzo no pavillón de Muimenta celebrarase o All-Star LNB 2013, que contará con concurso de triplas e mates na xornada matinal, comida de hirmandade e logo á tarde  ó Aberto das Estrelas. Para fin de festa contamos ca actuación dos grupos  Ultraqans e Extensión Agraria.

No hay comentarios: