2013/10/02

1ª xornada da LNB Norleste en Burela

 
O pasado 15 de setembro en Remourelle, no xantar do año, apresentouse a nova tempada da liga regular da LNB na conferencia NorLeste.  Ainda que faltou moita xente, os presentes comentamos alguns aspectos do regulamento e incidimos subliñadamente en dúas cuestións:
Presentación da nova tempada nas oficinas de El Progreso, en Ribadeo
 
1ª) A necesidade de ser puntuais na hora fixada para o comezo dos abertos. A piques de comenza-lo inverno os días son cativos e non temos necesidade de acabar os abertos as apalpada ou entre fachos. Non todo o mundo dispón de toda a tarde, hai quen so dispon do tempo xusto para logo retornar as súas obligacións. 
2ª) Insistimos en que todos utilicemos material regulamentario. O ano pasado tivemos un par de reclamacións e non é prato de gusto para quen arbitre decirlle a naide que perdeu unha carreira que tiña gañada porque o palán e mais gordo, ou mais corto, ou a billarda non chega a medida, etc. etc. De sempre os xuices deixan ir a cousa, pero si o contrario se queixa vense obrigados a actuar.
  Tamén falamos de modifica-la regla cando a billarda sae polo fondo da pista que no troco de volver o sitio, poríase a billarda no corner e incluso no abertiño de pola tarde a puxemos en práctica. Nembargantes esta modificación quedou so nunha proba, pero será cousa de estudiala e consensuala entre todos por si é interesante ou non.
    Quedamos en que os desempates para decidir o campión dun aberto se fixesen so a dúas carreiras e que logo de que alguén marcara, sería obrigado marcar na rolda seguinte ou se perderían os puntos correspondente e así nas roldas seguintes.
     Presentouse a nova tempada con 11 xornadas puntuables na que agardamos seguir medrando e xunguindo cada volta mais e mais palanadores/as á serpe multicolor da LNB.
O bonito agarda dono mentres se xoga o aberto


O pistoletazo de saída deuse en Burela co “V Aberto do bonito”. Como follas do outono que caen, así foron chegando a esta xornada inaugural e multitudinaria os loitadores e todos eles ca ollada posta no ceo xa que a incerteza do tempo facíanos dudar de que o peirao de Burela foxe, nesta ocasión, o lugar axeitado para medir forzas e xa que o bo facer do colectivo cultural O Buril, tiña xestionado o uso alternativo do pavillón deportivo do colexio Os Castros, aló nos diriximos e acertadamente como puidemos comprobar mais tarde cando do alto caeu auga a rego cheo.  
Charly fixo o 1º varado da tempada

               Comenzaron as billardas a voar e ainda que sempre de “bo rollo”, xa se viron os primeiros piques entre os galos reinantes e os aspirantes a selo. Charli deo o primeiro golpe cun varado na primeira carreira, logo perdeu folgos e Muriego imitouno pouco despois tanto no varado como no de perder folgos, ainda que menos.
Muriego explica como foi o seu varado
 
 A xornada iba polo camiño agardado con alguna sorpresa que outra que engadía emoción e interese o desenrolo da competición. Cabe destacar a boa actuación de Manuel, que como quen non quere a cousa gañoulle a Cristian e logo rematou gañandolle tamén a Martiño. Outro rapaz das filas do Ekipa-Bítere que promete. Pola súa parte Lola Eiras tamén lle fixo un roto a Markytos apartándolo do pleno na derradeira carreira.

Xerman loitando
 Xerman, mais pensando no concerto da tarde que na billarda, viuse forzado a lle gañar o seu compañeiro Mondoñedo. Ainda que puxo todo da súa parte nos instereses do equipo (e dou fé de que así o fixo), o compañeiro non lle axudou nadiña. Marcos atopouse  de novo ca súa besta negra, iba de pleno e outra vez Geni lle fixo dobrar o xeonllo.

Geni sigue demostrando a súa boa forma.
 
Ao remate das cinco carreiras, tres foron os que conseguiron chegar con pleno de victorias. Juan de Billardeiros Musicais, Richar de Tropa Lixeira e o debutante dos Carabullos de Teixo, Santi.

Richar, Juan e Santi, desempate polo "Bonito" de Burela
No desempate a dúas carreiras, Richar, que o derrradeiro ano fora segundo neste aberto, deixoulle o posto a Juan  e subiu o caixón de gañador. Santi foi terceiro.
Richar (Tropa Lixeira)  1º "bonito" desta tempada
De mans do incombustible "Manolo Flores" e por delegación do Colectivo Cultural O Buril, os tres recibiron como trofeo unhas artísticas cerámicas así como un espectacular bonito para o gañador do aberto, Richar.
Dos quince varados conseguidos na xornada, dous non contabilizan porque foron en carreiras complementarias ao ser impar o número de participantes no aberto e os autores (Javi Moran e Coedo) xa tiñan as súas carreiras asignada por sorteo ou disputadas. 
Charly comeza forte en varados, conseguiu o primeiro da tempada e logo fixo outro masis.
En donas Geni ponse ao fronte con 8 puntos celebrando deste xeito o retorno o equipo que lle deu a alternativa como palanadora, os Billardeiros Musicais,  e síguena Irea e Lola Eiras con 6 puntos.
Por equipos, dominaron os Billardeiros Musicais, que comenzan en cabeza tal e como acabaron a tempada pasada.
A segunda xornada farase en Ponte Outeiro o 19 de outubro, agardamos que o tempo non nos perxudique  e poidamos disfrutar dunha gran xornada.
 





No hay comentarios: