2014/01/13

6ª xornada da LNB NorLeste

            Unha e dúas, as Galiñas de Mos pillámolas nos.

As pitas de Castro tiñan coñecemento do fermoso galo que se xogou en Ribadeo e quixeron vir a comporobar si era tan fermoso como lles tiñan dito, mágoa que ninguén as avisou de que o galo fuxira cara ao Salnés, de telo sabido non porían tanto empeño en trasladarse a Mariña e teño por certo que tentarían de apoleirarse no sempiterno pitillo de Gelín para non baixar ata chegar polo menos a Marín.
Mágoa para elas pero que non choren, que Juan e Reyes xa lles teñen outros galos tanto ou mais fermosos co viaxeiro e non han de ter queixa algunha.
As tres pitas dispostas para ser entregadas os gañadores.
 Ben, dito esto, falemos da xornada decindo que si na anterior en Ribadeo o galo foi ó protagonista de luxo, nesta ocasión a galiña non podía ser menos, e non me refiro a unha galiña calquera non, unha galiña das razas mais antigas da Península, a auténtica GALIÑA DE MOS, que se consolida como referente anual da tempada billardeira. Hoxe non se concibe xa una liga de billarda sin a xornada de Castro de Riberas de Lea. Xornada moi agardada por ser unha das mais esixentes da tempada e na que os palanadores han de poñer en xogo tanto a forza como a técnica para non verse sorprendidos e sair con bén do envite.
Regueiro sube un posto e comanda a xeral
As vésperas non foron moi prometedoras con choiva abundante pero a LNB está afeita a xogar en condicións extremas e non se vota atrás. O bo tempo acompañounos nesta tarde do sábado ainda que o campo de fútbol estaba  blando e mais complicado do agardado pero as tres pistas dispoñibles deron unha gran axilidade o xogo e permitirron rematar mentras o lusco fusco loitaba por se facer un oco na tardiña chairega e dar fé da entrega das Galiñas de Mos os gañadores da tarde.
            Xornada mais ou menos normal na que os Billardeiros Musicais siguen ca súa sinfonía particular de gañar aberto tras aberto aumentando a vantaxe. A loita parece estar centrada en acadar o segundo posto no que Carabullo de Teixo e Troitas Bravas non dan trégola e mantéñense á distancia de tres puntos que en calquera momento pode cambear.
Tamén en individualis son os palanadores dos Billardeiors Musicais quenes  marcan o ritmo a seguir copando os primeiros postos da clasificación. A nota negativa da xornada foi para Richar de Tropa Lixeira que viña mantendo con autoridade o primeiro posto e nembargantes unha moi cativa xornada na que só colleitou 2 puntos, lle fixo caer catro postos na xeral, agora é quinto cos mesmos puntos que Xermán. Algo inesperado e que non todos quixeron ver.
Non era doado conseguir varados pero si que se fixeron dous. O primeiro conseguiuno Adrián de Extensión Billarda na súa primeira carreira da tarde  e seguiuno Santi de Carabullo de Teixo nun duelo fraticida co seu compañeiro de equipo Charli, quen, deste xeito viu truncadas moi cedo as súas aspiracións por facerse ca afamada pita.  
            Acadaron o pleno de victorias catro xogadores, Reyes e Juan por Billardeiros Musicais, Manolo por Troitas Bravas e Gelín por Gharabotos que traía gañas de levarlle parexa ao galo que.gañara Luis na anterior xornada. Nada que facer, a hoxe intratable parella Ribadense non deu chance e fixéronse cos dous primeiros postos. Gelín quedou terceiro e xa que logo Manolo foi cuarto.
            Recibiron pois unha fermosa Galiña de Mos Juan e Reyes como primeiro e segundo e David de O Cadaval como mellor local que a piques estivo de entrar na final. So cedeu un empate conseguindo nove puntos.
As clasificacións van apertándose co paso das xornadas de xeito que entre o primeiro e o catorce clasificado so hai  dez puntos de diferencia, a emoción vai increscendo de aberto en aberto e unha boa o mala tarde pode supoñer entrar ou sair dos postos que dan dereito a xogar as finais nacionais. O mesmo ocorre en varados donde nadie se destaca especialmente. So en equipos hai un claro destacado, os Billardeiros Musicais non sinten vértixe, atópanse cómodos nas alturas e a loita céntrase mais no segundo posto.
Pero a liga e longa, acabamos de pasar o ecuador e faltan cinco xornadas donde van saltar chispas e a emoción está asegurada en tódolos campos.
En febreiro temos duas citas mais, o día 1 o aberto do lacón en Meira e logo o sábado 22 ou domingo 23 (non está ainda decidido), o aberto da tarta de Mondoñedo. Vémonos

No hay comentarios: