2014/02/04

VII xornada da LNB Norleste

          Era sábado  1º de febrero, o reloxo marcaba as 14,56 h. Cando chegamos ollamos xa algún compañeiro polo lugar, non moitos pero algún había e logo de botar unha ollada a praza do convento e comprobar in situ que era prácticamente imposible que alí se puidera xogar a billarda, tiramos cara o pavillón deportivo donde ainda non rematara a xornada deportiva. O responsable deixounos xa aberto e fumos tomando posicións.
         A modiño primeiro e cáseque en tromba despois foi chegando a xente e as billardas comenzaron a brincar e voar polo ar impulsadas por un exército de palanadores/as que agardaban mentres se facia o sorteo da VII xornada da LNB conferencia NorLeste.
Sesenta e seis palanadores se deron cita en Meira
         Fora cada vez facía mais frio e ainda que co día craro, nos ceos iban aparecendo cada vez mais nubes que xuntandose pouco a pouco mandaban unha crara mensaxe de "neve a vista" que non tardou en chegar.


As billardas polo ar.


        Marcadas as pistas e feito o sorteo comenzou a loita e pola contra do que pasara en Castro, eiquí sí que se agardaba una boa xornada en varados.  As billardas ainda que lles deras pouca forza saían a fume de carozo e as mais das veces perdíanse polo fondo, pero ainda así foron abondas as que se aloxaron directamente no varal de xeito que as marcas anteriores rexistradas en Burela e mais en San Miguel (13 varados), quedaron amplamente superadas nesta xornada con un total de trinta e seis varados. Santi foi o máximo anotador con catro seguido de Daniel e de Richar con cadan seus tres e logo unha longa lista, unhos con dous e outros con un, de palanadores, completaron a fazaña.
Charli especialista en "varados" non tivo o día.

         Produxéronse pequenos cambeos nos primeiros postos da clasificación, pero moi cativos e que apertaron ainda mais do que xa estaba a xeral, prometendo unhas emocionantes vindeiras xornadas. A loita polo campionato individual está totalmente aberta e con una chea de pretendentes. Cada intre queda menos tempo de reacción e redúcese a marxe de erro. Quen fraquee o mais mínimo queda fora da loita, chega o intre de poñer cada quen o mellor de si mesmo.
Regueiro comanda a xeral

Foi xornada tamén moi favorable para as sorpresas, que as houbo,  tan abundantes como inesperadas e que deixaron a mais de un dos favoritos chimpados no camiño.
 Irea en Meira no puido brilar como acostuma.
 




Axeno a todo isto surdiu a figura de Javi Moran que comandou a gran tarde dos "Carabullo de Teixo" e como si do mismísimo Llanero Solitario se tratara, rematou de vagar cos dez puntos no peto, sendo polo tanto brillante gañador do Aberto e acreedor do lacón, que lle foi entregado adornado c'unha ristra de chourizos.



Preparando o 1º premio
             Para completar o podio estaban listos sete palanadores  que remataron a proba con oito puntos cada un e tiveron de desempatar en tres carrerias, estes foron: Coedo e Geni (Billardeiros Musicais), Dani Morán (Carabullo de Toxo), Pepe Outeiro (O Cadaval), Rubén (Cruzados), Santi (Carabullo de Teixo) e Toño (Ekipa Bítere).
Javi Moran 1º clasificado
Santi e Coedo foron os que acadaron o segundo e terceiro posto. De mans de Pepe e Oscar, palanadores que oficiaron a ceremonia, representando a M de Meira, foron recibindo os agasallos correspondentes os vencedores da xornada: O xa mentado lacón, acompañado d´unha ristra de chourizos, para Javi Morán de Carabullo de Teixo.

Santi 4 varados e 2º clasificado
         Santi (Carabullo de Teixo) e Coedo (Billardeiros Musicais) como 2º e 3º clasificado levaron cadansúa empanada, uns chourizos e un vistoso calendario do 1º premio fotográfico M de Meira.
Suso Coedo 3º clasificado
          Por equipos os gañadores do día e completando o triplete foron os “Carabullo de Teixo”. Nembargantes non levaron premiu ningún xa que por un erro human, a súa puntuación final non foi computada a tempo e tanto a "foto" como a "empanada" que con tanto traballo tiñan honrada e xustamente  gañada, foilles olímpicamente "limpada"  diante das súas mesmas narices por outras mans alleas inmerecentes de tal honra.
Equipo gañador da xornada

Un inocente trabucamento (non se trabuca quen nada fai) que temos que considerar como anécdota da xornada por mais que moitos berren: Xusticia...!   Xusticia para os Campións...!
  Como de todos e sabido, a xusticia vai lenta, pero chegará, chegará. Que nadie dubide de que chegará.
   Ah! por certo, a empanada non era de bacalao, pero si que estaba boa.
   E isto e todo amigos!  Vémonos en Mondoñedo o vindeiro 22 Billarda sempre! Adiante co Varal! 

No hay comentarios: