2014/03/17

8ª xornada da LNB NorLeste


V “Aberto da Tarta” de Mondoñedo
Transcribo o comentario que con data 24 de febreiro foi dado a prensa o que non se pasou o blogue por "vacacións do personal encargado da redacción jeje.

           O mal tempo deunos unha pequena tregua e poidemos xogar na Alamenda dos Remedios de Mondoñedo o Aberto da Tarta, torneo anual que corresponde a VIII xornada da LNB da conferencia NorLeste e que se celebrou o sábado 22 de febreiro.
O sol puxo da súa parte e quentounos ao comezo perante un bo anaco, logo tivo que rendirse e paseniño foise retirando, finalmente fixo frio.
Laiáronse as billardas ao golpearen no empredrado chan da alameda e laiáronse os palanadores cando vían desviada a traxectoria dos seus golpexos pola misma causa. Ainda así e todo o bo facer dos xogadores foi quen de superar os atrancos e converter oito varados na tarde.
Explosivo retorno de Diego (de “Carabullos de Teixo”) os terreos de xogo que foi quen de facer pleno e subir o segundo caixon do podio, contribuindo de maneira definitiva ao trunfo do seu equipo na xornada, que de novo remata por diante dos Billardeiros Musicais, ainda que estos siguen ben asentados na cadeira mais alta e c’unha comoda vantaxe.
Asimesmo cabe subliñar os dous benxamines da Conferencia. Lucia Caldeiro sigue progresando adecuadamente e o su irmán Manuel finalmente veu recompensado o seu esforzó, viña xogando moi ben pero sin sorte e foi en Mondoñedo donde deu un salto cualitativo puntuando en catro das cinco carreiras xogadas. Parabéns a estos rapaces e que o seu exemplo o sigan outros moitos.
Desta volta tivemos destacadas ausencias, ás xa sabidas dos palanadores de outrass conferencias que tamén tiñan xornada, xunguiuse Muriego, que ainda que non xogou, si nos acompañou e votou unha man nos arbitraxes e subliñadamente o grande Xerman, que se está a recuperar dunha pequena doencia e ó que lle desexamos un pronto retorno os terreos de xogo.
Os Carabullo de Teixo e mailos Billardeiros Musicais sen resentementos. 
A xornada discurriu de forma moi dinámica e producironse algúns cambios na clasificación. E tán pequena a diferencia de puntos entre os primeiros da táboa que una soa carreira fai que os postos bailen para arriba ou para abaixo. Restan tres xornadas que prometen emoción a feixes. Non hai un craro favorito  para o campeonato absoluto. O que si parece mais despexado é o feminino, Reyes e Geni dominan con diferencia sobre o resto de palanadoras, calquera das dúas pode facerse co título de donas.
Rematouse a xornada co pleno de tres xogadores. Suso Coedo (Billardeiros Musicais), Diego (Carabullo de Teixo) e Martiño (Remourelle Bulls). As tres carreiras regulamentarias deron como campión a Coedo, segundo Diego e Terceiro Martiño.
Recibiron cadansúa tarta como agasallo e os Carabullos de Teixo como gañadores por equipos levaron un botelo para facer honra as datas do antroido. Que aproveite a todos.

No hay comentarios: