2014/03/18

Xuntanzas en prol de seguir mellorando

      Reflexamos aquí para coñecemento xeral  os resultados das xuntanzas que se levaron a cabo derradeiramente. A primeira foi conxunta das Conferencias Sur e Rias Baixas e a segunda foi na NorLeste (xuntanza ordinaria de O Varal).
       No ALL STARS de Carballo falamos sobre estos temas e ainda que non se chegou a ningún acordo concreto, si se viu a inquietude por ter un regulamento definitivo e común para tódalas conferencias e establecer unhas normas e un sistema de xogo para as finais de Santiago que non varíe dun ano para outro. Votádelle una ollada a estos documentos. E importante calquera aportación ou suxestión que nos leve a seguir medrando tanto en cantidade cuanto en calidade deportiva.


Xuntanza conxunta equipos LNB das Conferencias
RÍAS BAIXAS e SUR
 
En Figueirido, parroquia de Vilaboa, provincia de Pontevedra, cando son as 19:00 horas do día 8 de marzo  de 2014 (Día Internacional da Muller Traballadora e Billardeira), ven de celebrarse una xuntanza conxunta de equipos LNB das Conferencias Sur e Rías Baixas, ós efectos de consensuar propostas organizativas de cara a presentalas nunha xuntanza de tódalas Conferencias a celebrar en Carballo (A Coruña) o vindeiro sábado día 15 de marzo, con motivo do All Stars 2014
Equipos representados:

·                    GHARABOTO
·                    LÚA DE FORZA
·                    ZUME DE VIMBIA
·                    CORREDOIRAS
·                    RINOCERONTE
·                    ANDARELA
·                    VALPAÇOS
·                    OS DE TORRES
·                    CASELLEDÍN

Temas a expoñer:

1.                  Número de clasificados por conferencia para o play off nacional

1.                  Posibilidade de establecer a categoría Infantil

2.                  Outros que puideran xurdir

1.                 NÚMERO DE CLASIFICADOS POR CONFERENCIA

Tendo en conta a grande diferenza que existe de participantes nas distintas Conferencias, aínda que para esta tempada teñen asignado un número igual de 12 clasificados, estimamos que, sen minorar o mesmo, poderíase incrementar algunha praza das Conferencias con máis participantes, deste xeito chegaríase aos 80 palanadores na final.
A saber: 6 Conferencias (contando Andalucía) con 12 representantes, serían 72, ós que habería que engadir os 2 que acaden a clasificación a través do All Star, polo que, deste xeito, serían 74. Logo quedarían 6 postos a cubrir a maiores polas Conferencias con máis participantes.
Deberíase ter en conta a confirmación de Andalucía que, se reduce o seu número de participantes, quedarían máis vacantes a cubrir.

Proposta acadada por maioría.
 
1.                 CATEGORÍA INFANTIL

Tamén por maioría disponse propoñer a creación da categoría Infantil, cun número de participantes a establecer. Esta categoría xogaría na xornada matutina, entendendo que non retrasaría o normal desenvolvemento da xornada, dado que ao contar con catro campos, poderíanse alternar coa categoría Feminina, seguindo a xornada vespertina coa mesma configuración.

2.                 Outras propostas acadadas por maioría 

·                    Incremento do número de participantes da categoría Feminina

Dado o grande incremento da participación feminina en algunhas Conferencias, proponse elevar o seu número a 6-7 por Conferencia (debendo establecerse o número definitivo dun xeito proporcional tendo en conta a súa participación por Conferencia)

·                    Xogadores inactivos fichados para a final

Proponse que se estableza expresamente se algún palanador que non tivese participación algunha durante a tempada, pode ou non pode representar a un equipo na final nacional.

·                    Alternativas ao lugar designado para o Play Off final

Aos efectos de facer máis participativas a tódalas Conferencias, así como dunha meirande difusión da billarda por tódolos recunchos de Galicia, entendemos que podería establecerse que o Play Off final fose rotativo, facéndose cargo do mesmo unha Conferencia por tempada, tanto a nivel organizativo como de agasallos.

Sen mais, remátase o acto cando son as 20:00 horas.

 
 
 
 
                    En Ribadeo a 12 de marzo de 2014, reunidos en sesión ordinaria, a directiva da ACD  O Varal, entre outros tomou os seguintes acordos:
Con referencia  aos Play Off finais:
 
Considérase que o lugar de celebración das finais debe seguir sendo Santiago (Conxo, Marrozos, Lestedo), por ser o lugar axeitado  e con mais que suficientes infraestructuras  para acoller este evento. Este ano está confirmado Marrozos.
A data queda establecida no derradeiro domingo de maio de cada ano. En principio seguiría sendo así contemplándose a posibilidade de cambiala sempre co consenxo xeral das conferencias e denantes do comezo de cada tempada.
As categorías para participar serán as que ata agora se veñan desenrolando e dicir:
Categoria Individual absoluta.
Categoria de donas.
Categoria de equipos.
Categoría de Varados.
A categoría infantil considerase secundaria e podría dar lugar a inconvintes organizativos, de tempo e inclusive cun plus de perigosidade engadida.  Ainda así non se pecha a posibilidade de levala adiante sempre que non entorpeza  o normal desenrolo da competición establecida.
Tendo en conta os distintos índices de participación que se veñen dando nas conferencias, creese convinte restructurar ou adecuar o número de participantes de cada una delas, considerando un máximo de 64 xogadores individuais para a categoría absoluta, 32 no caso de donas e manter en 8 os equipos finalistas así como en cinco os participantes na final de varados.
(Habería que darlle una volta as conferencias e ver si non está sendo contraproducente ter tantas. Centro e NorOeste poderían fundirse nunha soa o mesmo que Rias Baixas e Sur. Algo para pensar sempre ca mira posta no futuro da competición).
En canto a asignación de postos nas distintas conferencias sería proporcional ao número de participantes habituais en cada una delas (non contando xogadores ocasionais que non disputasen alomenos o 80% das xornadas).
Asi este ano o reparto de postos podería ser algo como o seguinte:
CONF.           EQUIPOS   ABSOLUTA   DONAS   VARADOS
ALL  STARS        ---               2                 ---               ---
Andalucía         ¿?               4                 2               ¿?
Centro                1              10                5               4
NorLeste            2              14                7               5
NorOeste           1                8                3               3
Rias Baixas         2              14                9               5
Sur                      1               12                6               5    
TOTAL                7               64              32              23

 
As prazas libres ATA O MÁXIMO ESTABLECIDO, poderían ocupalas os seguintes palanadores mellor clasificados ou das conferencias mais concurridas.
Os equipos que non alcanzen os 6 xogadores para a final, poderían incorporar xogadores que non estiveses inscritos ou xogasen noutros equipos nesa tempada.
Os xogadores inscritos nun equipo so poderían  clasificar en calquera das categorías na conferencia a que perteneza  o seu equipo, non permitíndose saltos de conferencia ou clasificacións en distintas conferencias.
Considerase necesario incidir mais una vez, na obligatoriedade de respectar as medidas regulamentarias en paláns e billardas.
O sistema de xogo podería  valer o do ano pasado. Na final absoluta serían 8 grupos de 8 xogadores procurando que sexan o mais equilibrados que se poida e  pasarían 4 de cada grupo para facer xa as eliminatorias individuais.
Isto é todo o referente as finais do 25 de maio de 2014.
 
 

 



No hay comentarios: