2014/04/01

IX xornada da LNB NorLeste


VI Aberto cidade de Lugo. I Gran Premio Pokemon
 
O sábado 29 de marzo ao comezo da tardiña celebrouse no I.E.S. Anxel Folo de Lugo, a IX xornada da Liga Nacional de Billarda da Conferencia Norleste.
Foi esta unha emocionante cita na que a maioría dos primeiros clasificados deron mostras de fraqueza, tembloulles o pulso e cederon a iniciativa aos rivais co que de novo os postos siguen bailando.
Daniel (Billardeiros Musicais) recibindo o 1º premio
 Quén mellor parado saiu do envite foi Daniel, que acadou un pleno que lle serviu para gañar o aberto e subir o primeiro escalo da clasificación. Tamén aproveitaron para escalar algún posto Franco, Javi Moran, Geni e Santi, pola contra, o baixo rendimento na xornada fai que baixen Suso Coedo, Juan e nomeadamente Regueiro que fai duas xornadas iba en cabeza e ahora atópase no 6º posto.
O desenlace esta cava vez mais perto. Según están as cousas, cada xornada convertese en decisiva para as aspiración de uns e outros. Os erros páganse caros a estas alturas é os desexos de gañar, as veces xogánche una mala pasada e fan que erre-lo golpe. O xogo, que non deixa de selo e vai e ven como lle peta.

Comentar que a achega de palanadores non foi tan abondosa como acostuma a ser, ainda que nos achegamos ao medio cento e o chan do pavillon deportivo axudou a que a  xornada  resultara rápida e moi dinámica.
A falta de unha carreira había tres posibles plenos: Paula, dos Cruzados (que fixo o seo mellor partido da tempada), Javi Moran de Carabullo de Teixo (cómodamente asentado xa na élite dos grandes palanadores do NorLeste) e Daniel de Billardeiros Musicais (actual campión nacional). Paula cedeu ante Santi e Javi Moran non pasou do empate con Diego, so Daniel aguantou o tirón e doblegou, non sin esforzo, a Xermán acadando un triunfo que se lle viña resistindo perante toda a tempada.
Javi Moran (Carabullo de Teixo) foi 3º en Lugo
Para o segundo e terceiro posto Javi Morán e Franco disputaron dúas carreiras das que o italo-galego e Billardeiro Musical saiu gañador.
Franco (Billardeiros Musicais) 2º clasificado
Por equipos tamén os Billardeiros Musicais destacaron nesta data e siguen comandando sin problemas.
Billardeiros Musicais (faltan Julio e Markytos) CAMPIONS "I PREMIO POKEMON"
Os Billardeiros Musicais quixeron ofrecer este triunfo o seu compañeiro Markytos, ingresado no Hospital da Costa e operado de urxencia por un pequeno problema do que vai xa recuperando. Veña chaval!  Moito ánimo e agardamoste pronto!
            A xa penúltima xornada da liga regular esta fixada para o 12 deste mes de abril en Bretoña no que será o II Aberto das Freces. Agardamos por todos vos

No hay comentarios: