2014/04/17

X xornada da LNB NorLeste

A Liga baila ao son dos Billardeiros Musicais.

II “Aberto das Freces”. Bretoña

 Emocionate a penúltima xornada da Liga Nacional de Billarda  na conferencia NorLeste que se celebrou no pavillón deportivo de Bretoña o sábado 12 de abril.
Estaba previsto xogar no campo de futbol, pero atrancos de última hora  e o frio nordés que nos acompañou na tarde fixeron que se optara polo pavillón co que a xornada foi moi dinámica e rápida e como normalmente acontece en pistas rápidas, abondaros os tiros directos. Convertéronse un total de 27 varados, a segunda marca da tempada pero ainda lonxe dos 36 acadados en Meira na xornada numero sete. Neste apartado destacaron Pepe de Meira e Daniel con tres tiros directos cada un seguidos de Richar, Rubén, Santi e Sofia con dous varados.
Dous posibles candidatos para o pleno; a falta de una carreira Corton e Franco pernanecían imbatidos e con opción a gañar. Cortón viuse sorprendio pola debutante Anahí e perdeu a carreira mentres que Franco sumou un punto ante Tonecho que foi dabondo para darlle o triunfo na xornada con 9 puntos sobre 10.

             
Houbo desempate para o segundo e terceiro postos a tres carreiras entre Daniel, Juan, Coedo, Corton, Lucia e Richar, segundo foi Suso Coedo e terceiro Cortón.
Os agasallos nesta ocasión para os tres primeiros e o equipo gañador, foron uns artísticos chocolates (medios ovos de Pascua) saidos das artesans mans do tamen palanador Hervi acompañadas dun tarro das míticas “freces” que finalmente fixeron aparición e poidemos probar in situ.
 

Xa temos equipo campión: os “Billardeiros Musicais” de Ribadeo convértense a falta da xornada de Remourelle nos gañadores da tempada 2013.14.
A baixa por enfermedade dun dos seus primeiros espadas, o bicampión nacional Markytos, non so non mermou o rendimento do equipo senón que lle deu folgos e novos brios para gañar nas derradeiras dúas xornadas, tanto en equipos como en individuais e poder adicarlle o triunfo ao seu compañeiro, ao tempo que consolidaban o liderazgo amosado perante toda a tempada.
O segundo equipo que representará a conferencia NorLeste nas finais de Marrozos do 25 de maio, serán os “Carabullo de Teixo” de A Terra Cha-Muimenta, dado que os “Troitas Bravas” de A Pontenova encontránse na terceira posición a insalvable distancia (salvo catástrofe total dos primeiros) de 28 puntos.
En individuais houbo poucas variación na xornada, os primeiros clasificados aguantaron o tipo e manteñen posición cara a  derradeira xornada. Será Remourelle quen dicte sentencia e proclame os campións individualis da liga tanto masculinos como en donas.
Ainda que en principio parten como favoritos Daniel e Geni, ó primeiro ten como perseguidores a Juan e Coedo (a 3 e 4 puntos respectivamente) e Geni manten ventaxe de 4 puntos sobre Reyes. A distancia pode ser suficiente pero non insalvable polo que deberán filar fino e non cometer erros que os poidan privar do campionato.
En varados a cousa non está tampouco clara. Salvo catástrofe Santi, Daniel e Regueiro están clasificados, faltan dúas plazas mais polas que  poderán loitar ata dez palanadores ou mais. A pista de Remourelle tamén é propicia para esta xogada sempre que o tempo axude un pouco e o vento non non faga una mala pasada.
Antes de finalizar a liga, o vindeiro sábado 26 de abril, temos o xa tradicional viaxe a Xil (Meaño) na disputa do Xerro do Salnés. A mañan faremos una reunión con xente das outras conferencias para pechar definitivamente a participación nas finais de Marrozos e a continuación a ruta dos furanchos previa o abertiño da tarde. Haberá autobús para o traslado que sairá de Ribadeo as 08:00 da mañan. Confirmade a viaxe o antes posible.

No hay comentarios: