2016/02/03

7ª xornada da LNB NorLeste


O líder Regueiro confirmou a súa hexemonía gañando en Meira

O domingo 31 ainda que agardamos a última hora, a choiva estragounos a oportunidade de xogar no céspede do parque e tivemos que mudar para o pavillón de deportes de Meira co gallo de disputar a 7º xornada da LNB da conferencia Norleste.
Récor de participantes no que vai de tempada, uns sesenta palanadores loitando deportivamente por acadar un dos tres primeiros postos que daban dereito a recoller os saborosos agasallos de “marisco de cortello”:
O habitual Lacón, que da nome ao aberto e vai para o peto do campeón da xornada, e logo a cachola, chourixos, androia e botelo para o resto dos afortunados da tarde.
Con un ambiente festeiro, o recinto foi enchéndose de palanadores que mentres se facía o sorteo, probaban e poñían a punto os trebellos e un  irregular paraugas de billardas fungantes iban e viñan dun lado a outro do pavillón.
Comenzou a xornada e tamén as sorpresas en forma de varados, o esbaradizo chan do pavillón resultou un bo aliado para os tiros directos que foron agromando como fungos. Pola contra un so erro era dabondo para non acadar unha boa puntuación ou  ainda peor, para quedar sen puntos na carreira.
Ismael foi xa na primeira rolda da tarde quen abriu unha conta que foi medrando co paso das carreiras e con Tonecho en plan figura con 3 dianas na súa conta particular.



Seguindo o camiño marcado, outros palanadores se xunguíron ao festival de varados, entre os mais destacados Geni, Oscar, Santi, Luis Saavedra, Chousa  e o mismo Regueiro con dúas dianas e outra ducia e media de palanadores que tamén foron quen de acadar un varado ata sumar un total de 22 varados convertidos no pavillón de Meira.
Regueiro en todo momento se mantivo moi concentrado e vixiando o desenrolo das carreiras de modo que rematou a xornada ainda mais líder.  Foi o campión da xornada con 22 puntos e 2 varados. De seguir nesta liña, non será doado darlle caza. Oscar de Tropa Lixeira se encargou de entregarlle o merecido lacón do primeiro premio.
Destacada aportación de Xermán con 21 puntos, sin facer moito ruido, ven mantendo  unha regularidade que o aúpa o quinto posto na xeral e hoxe en Meira lle permite acadar o segundo posto e gañador da cachucha.
Tamen moi boa tarde a de Geni, que acadou o terceiro posto con 20 puntos e 2 varados. Domina con diferencia a clasificación en donas e a estas alturas parece que nadie lle fai sombra para conseguir o campeonato. Seu foi o premio de unha ristra de chourizos.
En equipos, ainda que non foi unha das súas mellores tardes, os Billardeiros Musicais impuxéronse, cos de O Cadaval moi perto e sempre agardando para tomar o relevo. Unha ristra de chourizos e un botelo foi o premio para os mariñáns.
O vindeiro encontró de liga será o 6 de marzo en Mondoñedo, mentres, teremos nova cita no Pazo de Feiras e Congresos de lugo o día 20 co gallo das festas da Candeloria e o 5 de marzo o abertiño de San Rosendo en San Miguel.
 
Agardamos por todos vos. Animádevos e vide xogar a Billarda.

No hay comentarios: