2018/12/07

5ª xornada da LNB Norleste. Tempada 2018.19


Xan Rodiño racha co dominio de Carabullo

Dende a tempada 2013.14, a liga regular de billarda non organizaba xornada puntuable na cidade das Murallas. O retorno foi no parque fluvial do Miño, un escenario perfecto para disputar esta quinta xornada no “VIII Torneo cidade de Lugo”.  organización correo a cargo dos compañeiros de Madia Leva, cos que colaboraron activamente os equipos de Polka Miseria e Billarda Verde, para que todo resultara a pedir de boca.
Tres campos de grandes dimensións con terreo tirando a blando e con algo de humidade, que dificultou mais do agardado o desenrolo do xogo, de xeito que nas derradeiras carreias mas que ver, tiñase que adiviñár por donde iba a billarda. Cabe subliñar o bo comportamento dos palanadores afectados que se viron perxudicados por a falta de luz. A billarda é eso: a mal tempo boa cara!
Unha setentena de participantes con desembarco masivo da conferencia NorOeste que mandou dez representantes dos equipos de APB Santa Marta, Campo da Feira e Malpica-Cochiqueiros para medirse con nos así como outro dos que de cando en vez se achegan por acó, o gran Xan Rodiño do equipo Lúa de Forza (Rias Baixas) que nos ten un grande apego e non soe voltar de vacio.
 
         O comenzare cun considerable atraso por causas alleas a organización e a lentitude nas carreiras fixo que a luz natural fora esmorecendo e as últimas carreiras dalgún grupo, así como, os desempates para o podio xogáronse as escuras, so alumeados por algún móbil dos propios palanadores que de lonxe semellaban unha presada de lucecús revoloteando no ar.

           O equipo de Carabullo foi o mellor da xornada, e a piques estivo de conseguir a quinta victoria individual consecutiva e a segunda de Charli, mais topouse nun desempate con Xan Rodiño, e como nas Rias Baixas oscurece mais tarde, o de Ponte de Outeiro non tivo nada que facer; rematou segundo. Terceiro foi Sachas noutro desempate as apalpadas con Chousa.
As donas moi ben, destacaron Sara de Polka Miseria e Ana de Carbullo, esta derradeira na súa primeira participación esta tempada. Logo Ana e Lorena (Chainzos) e Lucia (Bulls).
En equipos Os Carabullo dominaron tamén por riba de Billardeiros Musicais e de Troitas Bravas afianzándose na primeira posición da taboa.
Vistosos metacrilatos foron os agasallos para todos os campiòns da xornada, que  a oscuridade total obrigou a que se entregaran baixo a luz dunha farola.
A vindeira proba billardeira será a disputa do “XII aberto do galo de Ribadeo” o domingo 16 de decembro.  Será si o tempo o permite no campo de Fútbol da Faxarda e si chove no pavillón deportivo de San Miguel de reinante. Billarda sempre!

No hay comentarios: