2018/12/20

6ª xornada da LNB NorLeste. Tempada 2018.19


XII aberto do Galo. Ribadeo 16.12.18

A billarda “en clave de muller” Geni Gran Campioa

O campo de fútbol da Faxara non estaba en condicións de xogar por mor da cantidade de auga caía perante os días anteriores e daquela a sexta xornada da LNB NorLeste correspondente o “XII Aberto do Galo”  tivo que trasladarse para o pavillón cuberto de San Miguel. 
      Xornada moi disputada e con cincoenta e catro participantes en total, na que tódolos palanadores acadaron altas puntuacións, sendo con moito a mellor xornada da tempada (en canto a puntuación se refire) e que se resolveu sorpresivamente con un desempate final catro.
Marcador simultaneo made in "Muriego"
      E digo sorpresivamente porque a xornada iba sobre rodas para Muriego.“ A Billarda é como unha caixa de bombós, nunca sabes con que che vai tocar” palabras textuais do tapiego que se viron reflexadas na derradeira carreira, cando iba de pleno e con tres varados na súa conta: tocoulle o bombón mais ruin e todo o traballo ben feito ata daquela, estragouse de golpe. Hoxe era merecedor de acadar os laureles do trunfo, mais as aprichosas fadas non llo permitiron, nembargantes sabemos que a constancia é unha das virtudes terrenais de Muriego e por eso tamos certos que o seguirá tentando ata acadalo.
Geni mentras arbitra, busca as debilidades dos rivais.
Mencion aparte merece GENI, unha das máis laureadas xogadoras da LNB que sempre hai que ter en conta e que de forma merecida gaña por primeira vez unha xornada na Conferencia Norleste. Xa o tiña feito nas outras conferencias e en torneos de veran non puntuables pero ata agora non lo tiña conseguido na súa conferencia en xornada oficial.
 Foi nun vibrante desempate con Daniel, David Navallo e Santi, donde fixo gala da súa experiencia sacando proveito das oportunidades que se lle presentaron e foi na derradira carreira, cando sacou proveito. Os rivais quedaron a media pista e sendo ela quen pechaba rolda, tentou o varado e saiulle perfecto. Gañou con peche de ouro. Segundo foi Daniel e terceiro Santi, quedando David Navallo en cuarto lugar.
As donas manteñen o seu nivel, destacando hoxe Lorena e Lola Eiras amais da campioa Geni. Maricarmen, Sandra e Sara na súa liña e algo mais frouxa Paula que perde a primeira posición en favor da hoxe campioa.
En equipos, empatados Billardeiros Musicais e Carabullo (gaña B.M. por mellor posto individual), seguidos de Chainzos-Cadaval e de Troitas Bravas, ámbolos dous tamen cos mismos puntos pero a oito dos primeiros. Mais lonxe quedan Remourelle Bulls, Billarda Verde e Polka Miseria.
No tema de varados, foi unha abundante colleita a de hoxe en San Miguel. En total foron 21 tiros directos destacando Muriego e Chousa con tres dianas cada un.
Os agasallos para os campión da xornada consistiron en:
O Galo (mais unha vez patrocinado por Limpiezas José Manuel alias “Mondoñedo” ó que agradecemos a súa implicación na billarda) e mais uns surtidos de Nadal para a campioa Geni.
Mondoñedo e os tres gañadores da xornada.
Para o segundo, terceiro e tamen para o mellor equipo uns lotes de Nadal.
A liga regular tómase un descansiño ata xaneiro, mais antes de pechar o ano, temos unha cita o 29 deste mes no Memorial Pepe da Flor que se vai celebrar en Meira.

Billarda sempre! BO NADAL E ANINOVO FELIZ PARA TODOS!

No hay comentarios: