2019/02/08

8ª xornada de LNB NorLeste. Tempada 2018.19

         X Trofeo “Lacón de Meira” (II Memorial Xosé da Flor)

Meira,  3 de febreiro de 2019.
A neve acostuma a facer acto de presencia cando temos que xogar en Meira. Este ano non foi así, a temperatura non era excesivamente fría e lucia o sol,  pero as choivas dos derradeiros días obrigaron a facer uso mais unha vez do pavillón deportivo para a disputa da  oitava xornada da LNB Norleste.
 
Moi boa presencia de planadores con representantes das outras dúas conferencias, que veñen de cando en vez e acostuman a pillar algún dos premios en liza, mais desta volta a súa actuación non pasou de medianeira, sendo Juan Carlos o mais destacado.
Enrique, xogador de Campo da Feira
 Entre os cincuenta e catro palanadores destacou a actuación da mais xoven  compoñente dos Carabullos, Irea (na súa primeira participación nesta tempada), que acadou a segunda posición das féminas so superada pola campionísima Geni.
Tamén voltou as pistas Xermán, un dos pioneiros que esta tempada ten algo descoidada a súa presencia nos abertos da LNB. Viuse que non se lle esquenceo manexar o palan. Tivo unha boa actuación.
Xerman, moi portexido contra o frio
Ainda que o ambiente era frío, o esbaradizo chan do pavillón de Meira facilitou unha boa xornada de varados, igualouse a marca da tempada conseguida na terceira xornada no pavillón de Trabada con 33 tiros directos sendo os mais acertados nesta sorte do xogo David Navallo, Markytos e Pepe de Outeiro con tres dianas cada un.
David Navallo,  un dos mellores da xornada en VARADOS
Os moitos candidatos a victoria final foron reducíndose ata quedar na derradeira carreira do xogo so Markytos con posibilidades de ser o gañador da xornada, mais un erro inesperado do tricampión nacional, permitiu que Charli e Manolo o igualasen a puntos.
No desempate entre estes tres grandes palanadores Markytos (Billardiros Musicais) non deu chance, gañou as tres carreiras con dous varados incluidos (que non contabilizan) e fíxose con primeiro posto. Segundo foi Manolo (Troitas Bravas)  e terceiro Charli (Carabullo).
Deixamos constancia desta nota so polo feito de que tres membros da familia gañasen tres abertos seguidos non deixa de ser un dato canto menos curioso.
 O tricampión fixo bo o dito popular "de tal pau tal estela". Primeiro foi Geni en Ribadeo (pavillón de S. Miguel), logo Daniel en Castro de Riberas de Lea e xa que logo tocaballe a Markytos, que fixo o propio hoxe en Meira.
 
 En donas gañou Geni (Billardeiros Musicais) seguida de Irea (Carabullo) e de Paula (Chainzos-Cadaval).
Isma quixo participar do triunfo por equipos e colouse entre os Campións de hoxe.
En equipos a victoria de Markytos permitiu que os Billardeiros Musicais de Ribadeo, foran os gañadores da xornada ainda que estaban empatados cos Carabullo de Ponte de Outeiro a 80 puntos. Terceiros foron os Troitas bravas de A Pontenova.
Antes da entrega de premios, Xan Rodiño, da conferencia Rias Baixas, quixo en nome de toda a LNB  agasallar a dous palanadores en recoñecemento ao seu compromiso co xogo da billarda. Suso Villarino dos Remourelle Bull sor cumplir a sua xornada núm. 100 e a Daniel de Billardeiros Musicais neste caso por cumplir a súa xornada num. 200 ca LNB.
Entre aplausos e cedendo o clamor popular de "que se biquen, que se biquen!", os dous veterans fundíronse nun abrazo e, porqué non?, tamen se bicaron.
Rematou a xornada ca entrega de premios: o consabido lacón para o Campión Markytos e sendas bolsas con viandas varias (outras partes do porco) para o resto dos gañadores.
A seguinte xornada a 9ª, corresponde xogar o  Trofeo da tarta” será en Mondoñedo o 9 de marzo, en pleno entroiro. Billarda sempre! Adiante co Varal! 

No hay comentarios: