Despois do bo facer da conferencia NorLeste no Aberto das Estrelas na que se acadaron podios en tódalas categorias nas que participamos, retornamos a emoción da liga que cada vez está mais apertada e se pon mais interesante, quedan tres xornadas de infarto nas que se decidirán os postos de honra e os clasificados pa acudir as finais de Santiago.
![]() |
Podios da NorLeste: ALBINO, 2º en triplas. MURIEGO 1º en varados. NAVALLO e DANIEL 2º E 3º no aberto das Estrelas. GENI 1ª en donas. PAULA 2ª en varados. |
A décima xornada
puntuable da LNB da conferencia NorLeste, que se disputou no patio aberto do Colexio de
Mosteiro, xuntou a mais de medio cento de palanadores dos sete equipos en liza.
Foi o sábado 30 de marzo, nunha tarde espléndida de sol e chea de colorido.
Xornada moi diputada
sobre un terreo algo desigual pero en boas condicións para a práctica da
billarda e donde os “Troitas Bravas” de A Pontenova foron os dominadores
acadando a victoria por equipos e colocando no segundo e terceiro chanzo do
podio a dous dos seus palanadores.
Esta é a segunda
victoria da tempada dun equipo que vai a mais e que a falta de tres xornadas, ten
casi segura a terceira plaza na xeral, que da dereito a participar nas vindeiras
finais nacionais de Santiago e nun renuncian a seguir escalando posicións.
Por diante teñen os
Billardeiros Musicais de Ribadeo e os Carabullo de Ponte de Outeiro que seguen aguantando
a presión dos mariñans ainda que estos son teimundos e por segunda xornada
consecutiva logran rebaixar a distancia que os separa.
Chousa no primeiro posto da táboa, vai polo campeonato |
En individuais, a
loita está sendo de poder a poder e cada carreira convértese nunha polibilidade
de adiantar a un rival. As clasificacións están moi apretadas e todo pode pasar
ainda. Entre o primeiro e o quinto so hai once puntos de diferencia co que
naide tira a toalla. Os vintetrés puntos que hoxe fixo Chousa, so os superou
Markytos que foi o gañador e foron dabondo para poñerse primeiro superando por
un punto a Daniel e a Manu Pozo.
David Navallo e
Regueiro tamen fixeron vintetrés puntos e logo das carreiras de desempate,
quedaron por ese mismo orde en segundo e terceiro lugar.
En toda a tarde so
David Navallo foi quen de acadar un varado, mais como foi nas carreiras de
desempate non contabiliza. Outro casivarado foi o de Markytos que mandou a
billarda contra a cinta que marcaba a liña de meta e non chegou a traspasala
por quedar alí presa.
En donas, sobresainte
a prestación da xoven Irea que de ser mais asidua, podería darlles guerra a
Geni e Paula, que son as dúas domindoras da categoria; empatada con ela quedou
Sara e por riba mais unha vez a incombustible Geni.
Nesta ocasión os
gañadores recibiron como agasallo de mans de Manu, representante de Polka
Miseria unhas artísticas tallas realizadas por él mesmo e en reciprocidade, Muriego fixo entrega a Manu, Sara (e Leda por suposto) unhas artísticas tarxetas celestes que encabezaban o Murimarcador da xornada.
Para
a seguinte xornada voltamos a terra Chá, desta volta será en Bretoña donde o 20
de abril disputaremos o Aberto da “Bola de Liscos”.

Antes tíñamos a cita do Xerro en Xil, unha xornada de troula para relaxar e dar un pouco de acougo a presión da liga, pero queda suspendida ata o ano.
Semella que naide quere relaxarse o mais mínimo e os responsables dos equipos queren a tódolos seus palanadores concentrados ó máximo na competición. A mínima distracción pode botar pola borda o traballo de toda unha tempada e daquela quedan suspendidas tódalas actividades lúdicas ata fin de tempada. Asemella que estos dous meses veremos xogar a billarda a tódalas horas i en tódolos recunchos, prados, leiras, carballeiras e plazas dispoñibles. Pois nada, a darlle duro e que a Billarda non pare. Sempre nos quedará Xil... pro ano. Saúde Billarda sempre!
No hay comentarios:
Publicar un comentario