2019/04/24

11ª xornada da LNB NorLeste. Tempada 2018-19


ALBINO PILLA  A BOLA DE LISCOS EN BRETOÑA

           Antepenúltima xornada puntuable da LNB da conferencia NorLeste, que se disputou baixo unha expléndia tarde de sol, no campo de futbol de Bretoña o sábado 20 de abril.
Dende o alto, Eolo salaiaba de cando en vez e seus salaios o mesmo que xogaban cas billardas, trocaban mais morna e levadeira a calorosa tarde.
Boa afluencia de palanadores que se bateron noblemente entre a mesta herba que cubría o chan e poñia a proba a maña dos palanadores para petar na billarda e ser quen de erguela do chan e logo golpeala no ar. Proba moi traballosa que chegou a alporizar a moitos palanadores . Subliñadamente dificil o tuveron os que participaron por primeira vez nunha xornada de billarda.
Nun foi o mellor día para debutar...malia a eso o infantil Marcos deu a cara.


 De carreira en carreira as tornas iban cambiando o mesmo que as posibilidades dos palanadores para acadar un posto de honra nunha xornada que deixou puntuacións mais baixas no normal. So catro xogadores foron quen de pasara da veintena de puntos: Albino (Carabullo) que foi o gañador fixo 22 puntos de 25 posibles, seguido de Daniel (Bill. Musicais) e de Milio (Remourelle Bulls) con cadanseus 21 e que logo do desempate quedaron segundo e terceiro nese mismo orden.
Para as donas esta tarde, foi moi traballoso sair con bén e pincharon case todas, so destacaron un pouco as dúas magníficas Geni (Bill. Musicais) e Paula (Chainzos-Cadaval), de lonxe seguiunas Irea (Carabullo).
Por suposto facer un varado nesta superficie era titánica tarea, so Markytos nun brilante comezo foi quen de chantar a billarda a carón da linea de varal (sin chegar a traspasala), mais logo caeu en picado e pechou a tarde con dúas carreiras nulas.
O empeño dos Billardeiros Musicais por achegarse os Carabullo, esta tarde quedou aparcado. Os de Ponte de Outeiro como equipo foron mais regulares e botaron man  do actual campión de varados Tomás para rematar gañando por dous puntos, co que a falta de so dúas xornadas, aumentan a vantaxe e teñen moi cerca o título de liga. Os Troitas Bravas aguantan na terceira posición. 
Hoxe Flores”, un referente no eido billardeiro, cumpría 100 xornadas disputadas na LNB polo que foi agasallado polos seus compañeiros . Isma fixolle entrega dun recordo por este feito.
          Rematou una expléndida xornada billardeira ca entrega aos gañadores das consabidas bolas de liscos, que tódolos presentes puideron degustar por cortesía dos gañadores.
A vindeira xornada que será xa a penúltima esta fixada para o catro de maio en Ponte de Outeiro. Billarda sempre!

No hay comentarios: