2019/05/08

12ª xornada da LNB NorLeste. Tempada 2018.19

XII xornada da LNB NorLeste.

JUAN CARLOS REINA EN PONTE DE OUTEIRO

Xa de mañanciña o “chef” Pepe de Outeiro, se puxo mans a grella para ter a punto (e no seu punto exacto) o churrasco e os chourizos que a hora do xantar farían o deleite dos palanadores e lles darían a forza necesaria para comenzar o enfrentamento na penúltima xornada de liga da LNB NorLeste.
A mañán atendendo a grella, a tarde zoupando na billarda
Foi o sábado 4 de maio de 2019 no campo da festa de Ponte de Outeiro, moi ben segadiño e preparado para a ocasión.
Un nutrido grupo de compañeiros da conferencia NorOeste nos acompañou na mesa e na competición  e fixo que se superase a marca de participantes mas aló dos sesenta.
Acompañounos tamen o sol e un vento atolado, moi racheado que xogueteaba cas billardas ó seu antoxo. Malia que non fora convidado a participar no xogo, si que foi parte activa intervindo, para ben ou para mal, levando os palanadores á ledicia moi celebrada ou o cabreo non sempre contido en moitas xogadas con ramate non agardado.
Resultou nembargantes unha exitosa xornada, salvo honrosas escepcións, non moi abundante en puntos pero moi disputada. Sobresaiu a figura de Juan Carlos (do equipo Campo da Feira de Paiosaco) que foi quen de acadar o pleno de vintecinco puntos (o segundo pleno da tempada). Segundo e terceiro con veintetrés puntos remataron Manu Pozo (Billardeiros Musicais) e Miguel Moran (Carabullo).
Miguel Morán, entrou con forza na súa primeira xornada da tempada. Acadou o terceiro posto e foi quen de perforar o varal por dúas voltas de un so golpe. O outro varado da tarde conseguino seu irmán Javi.
En equipos, os Billardeiros Musicais de Ribadeo gañaron con solvencia rebaixando en sete puntos a distancia cos Carabullo, co que quedan so a tres puntos a falta da derradeira xornada de Remourelle.
Destacaron nas donas Bea (Troitas Bravas) Paula e Ana (Chainzos-Cadaval) e Geni (Billardeiros Musicais).
Mais unha volta, por parte do equipo de Carabullo, tódolos participantes foron agasallados cunha árbore autóctona para repoblar Galicia enteira e deste xeito rematou otra expléndida xornada billardeira ca entrega de trofeos os gañadores de mans do seleccionador Manolo Flores.
A vindeira xornada que pecha a tempada será subliñadamente animada e competida. Os clasificados individuais para as finais de Santiago están practicamente pechados agás ausencia ou algún descalabro pero en varados e títulos de campións están ainda por decidir. Daquela todos a Remourelle o sábado 18 de maio. Emoción garantizada! Billarda sempre!

No hay comentarios: