2019/05/29

Finais 2019

FINAIS NACIONAIS  DA LNB
O CASTIÑEIRIÑO (SANTIAGO DE COMPOSTELA) 26 MAIO 2019
A NORLESTE ACADA TRES DOS CINCO PODIOS EN XOGO
Un ano mais a gran festa billardeira trasladouse ó campo de fútbol Manuel Paz do Castiñeiriño (Santiago de Compostela), para disputar as finais da Liga Nacional de Billarda.
Fermoso día o deste domingo con extraordinario ambiente, como corresponde a un acontecemento deportivo de máxima categoria, donde se dan cita as grandes estrelas actuais e futuras do mundo billardeiro.  
Con puntualidade comezan os duelos na categoría INFANTIL, donde os dezaseis cativos participantes (dez nenos e seis nenas) amosaron todo o seu talento e bo facer. So un representante do NorLeste nesta categoría, que pouco puido facer ante a supremacía do NorOeste e de Rías Baixas, malia a todo o bravo Manu Caldeiro, clasificouse nun honroso cuarto lugar. Sorprendente a maestría con que estos rapaces de tan corta idade golpexan a billarda tan certeiramente. Mención especial merecen Abel Ponte do equipo campo da Feira e Oscar Caldas de Armadiña con unha actuación cuasi perfecta.
O podio foi xa que logo para 1º Abel Ponte (Campo da feira do NorOeste), 2º Oscar Caldas (Armadiña de Rias Baixas) 3º Miguel Cancelas (Campo da feira do NorOeste).
CATEGORIA VARADOS
En Varados dos 20 finalistas (7 NL, 3 NO e 10 RB),  pasaron o corte so tres palanadores, que se reduciron a dous na segunda rolda. A nosa conferencia domiñou con dous nomes propios: Charli e Sachas que remataron empatados e tiveron que xogarse ó tiro mais longo a supremacía na especialidade.
             
A sorte neste caso favoreceu a Charli (Carabullo do NorLeste) que quedou dono do podio,  segundo  Sachas (Troitas Bravas do NorLeste) e terceiro Dani (Rinocereonte de Rias Baixas).
CATEGORIA EQUIPOS
Oito franquicias en loita (3 NorLeste, 2 NorOeste e 3 Rias Baixas) e seis palanadores por equipo.  Os nosos representantes non saíron tampouco mal parados e superron os resultados con respecto ao ano pasado.  ”Carabullo” de Ponte de Outeiro, arrincaron un moi meritorio segundo posto e “Billardeiros Musicais” de Ribadeo  foron terceiros. Foi o equipo “Gharaboto” de Marín da conferencia Rias Baixas quen gañou un título que viña perseguindo dende tempo atrás e finalmente acadou con todo merecemento.
Un  ben gañado descanso para repor forzas e botar uns contos antes do comezo das finais individuais da tarde que comenzaron ca loita de donas.
CATEGORIA DE DONAS
Dezaoito finalistas (4 NL, 2 NO e 12 RB) repartidas en dous grupos dos que as catro primeiras de cada un pasaban o corte. Experiencia e xuventude se xuntaban na ardente área e moitas as favoritas, mais so unha iba ser a gañadora.  Geni e Lu (en dúas ocasións), Chefa e a xovencísima Adriana, xa coñeceran as meles do truinfo e outras como Elena Gonzalez, Merche, Elena Xabarís, Tania, Paula, etc. desexaban tamén acadar a groria do triunfo.
 
Nos cruces sorte dispar para as nosas representantes, a Paula e Lorena as cousa non lles foron todo o ben que se agardaba e quedaron elleminadas na fase de grupo. Geni pasou de segunda e tamén Irea na súa primeira participación, gañouse por mérito propio o estar nos cruces entre as mellores  dando unha agradable sorpresa xunto con Ainhoa, outra infantil que tamen se colou entre as favoritas. Menos sorte correron Chefa, Elena Sabarís e Merche que non pasaron o corte.
             


Para a debutante Irea (Carabullo do NorLeste) non foi bastante chegar as eliminatorias sinon que chimpou fora a Elena González (una das mais firmes candidatas o triunfo final), e ainda que non puido con Adriana si que foi quen de quedar terceira gañándolle a outra superbicampioa como é Lu de Lúa de Forza.
Na outra parte do cuadro, Geni (Billardeiros Musicais do NorLeste) tivo un moi bo día,  desfíxose de Tania e logo de Lu sacando a relucir un dos mellores golpes da tarde e na final tamen  lle gañou a Adriana (Valpaços Terra Quente de Rias Baixas) tomándose así a revancha do ano pasado en que fora eliminada pola xoven estrela de Valpaços e deste xeito convértese na primeira dona en acadar por terceira volta o título de Campioa Nacional. Parabéns! So dous palanadores son tricampions: Esta incombustible dona e mais o seu fillo Markytos (de tal pau tal estela).
E xa a gran muiñada da CATEGORIA ABSOLUTA.
Corenta e oito palanadores (15 NL, 9 NO 24 RB). Seis grupos de oito palanadores cada un, cinco carreiras e pasan os catro mellores de cada grupo.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 A conferencia Norleste correspondéronlle quince plazas de finalista entre os que se atopaban os campións nacionais, Markytos (tricampión), Chousa e Daniel a mais de outros palanadores de demostrado gran nivel e daquela as posibilidades de facer podio estaban a vista.
Pasaron o corte de grupo Albino, Daniel, David Navallo, Manu Pozo, Pepe Outeiro, Pepe Vidal e Regueiro. Non tiveron igual sorte, Cortón, Charli, Chousa, Isma, Regueiro, Sachas e Santi que non acadaron a puntuación necesaria para clasificarse. Geni tampouco pasou, pero xa tiña conseguido abondo e o cansancio empezaba a facer mella.
Logo da primeira rolda os superviventes do NorLeste reducironse a so tres o que que da idea da dureza da competición pola calidade de tódolos participantes.
Daniel (Billardeiros Musicais do NorLeste) sin facer moito ruido pero con paso firme, foi superando rivais, primeiro a Cris, logo a Xan Rodiño e finalmente o seu compañeiro de equipo Manu Pozo, para plantarse na final con Lito e mais Salva.
Tres carreiras por diante para acadar a meta de coronarse Coroceiro Nacional. Na primeira tomou vantaxe Lito con tres puntos, cero do seu compañeiro de equipo Salva e un do Billardeiro Musical. Na segunda so puntuou o mariñan que se puxo diante por 4 a 3. Na derradeira carreira foi salva o que se fixo cos tres puntos, dous para Lito e  outros dous para Daniel, que resultaba gañador  e se proclamaba por segunda volta Campion Absoluto e “Coroceiro Nacional 2019”.
Segundo foi Lito e terceiro Salva (os dous de Corredoiras de Rias Baixas).
Así pois a conferencia NorLeste acada uns moi bos resultados que resumimos así:
 Infantis:  4º posto  Manu caldeiro (Carabullo de Ponte Outeiro)
 Varados:  Charli (Carabullo de Ponte Outeiro)  -     Sachas (Troitas Bravas de A Pontenova)
Equipos:   Carabullo de  Ponte de Outeiro -   Billardeiros Musicais de Ribadeo
Donas:    1ª Geni  (Billardeiros Musicais de Ribadeo) – 3ª Irea  (Carabullo  Ponte Outeiro)    
Absoluta:      1º Daniel  (Billardeiros Musicais de Ribadeo)
            Agora queda  prepararnos para unha nova tempada que cando menos nos depare tantos éxitos como esta e imos empezar polo aberto de Xotramu o vindeiro domingo en Muimenta. Animo e Billarda sempre!

No hay comentarios: