2019/09/30

2ª xornada da LNB NorLeste. Tempada 2019.2020

2ª xornada da LNB NorLeste. A Pontenova  28-09-2019

En A Pontenovoa domina Pepe de Outeiro

Disputouse en A Pontenova, no campo de fútbol da Mina, o IX Aberto do Ferro, correspondente a segunda xornada da Liga Nacional de Billarda da conferencia NorLeste.
Tarde calurosa e con maxiva participación de palanadores, sesenta e nove foron os que finalmente disputaron o encontro, entre os que se atopaban Añón, Collazo e mais Enrique como representantes da conferencia NorOeste.
Os bravos xogadores de billarda soen adoptarse a tódolos terreos, nembargantes a herba sintética do campo da mina foi un grande atranco para a maioria dos palanadores que sufriron as consecuencias do muelleo do chan ao petarlle a billarda e viron reducidas a súas posibilidades de acadar altas puntuacións e por segunda xornada consecutiva, foron so uns poucos os que acadaron  vinte ou mais puntos.
Pepe Outeiro (Chaínzos-Cadaval) gañou a xornada con vintetrés puntos, segundo foi David Navallo (o “Mago de Castropol” de Troitas Bravas) e Markytos (Billardeiros Musicais) foi terceiro.
 Subliñar como moi positivo a Pablo (Castiñeiro Milenario), que na súa primeira participación acadou 21 puntos e xogou con Markytos un desempate polo terceiro posto (perdeuno en favor do tricampión nacional, mais deulle guerra) e tamén a Javier (Chainzos-Cadaval) con vinte puntos.
No lado negativo, unha xeral xornada cativeira da maioría dos galos donde Rubén (Chainzos-Cadaval) se levou a peor parte non sendo quen de facer un so punto.
En donas, Geni (Billardeiros Musicais) mais unha vez gaña a xornada, segunda e terceira foron outras novas fichaxes deste ano, as debutantes Delia (Chaínzos-Cadaval) e Dori (Billardeiros Musicais) por ese mismo orden.
No lado negativo as veteráns Lorena, Sandra e Maricarmen, tamén deixaron a sua puntuación a cero.
Por equipos, van agromando as novas fichaxes do equipo da terra cha e axudaron a que Chaínzos-Cadaval gañara con solvencia por diante de Troitas Bravas e de Billardeiros Musicais.
             Así pois, rematada a xornada billardeira, entregáronse uns cucuruchos de chuches para os cativos participantes e de seguido, Regueiro, Carme e Sandra foron os que agasallaron os campións da tarde cas afamadas navallas do artesán J. Rodil, patrocinadas por fisioterapia “Son Saude” e uns artísticos Ingres (yunques) de madeira feito por outro artista (o pai de Sandra).
Pepe de Outeiro cando recibiu o seu merecido premio, deu mostra do campión que é tanto dentro como fora do campo e tivo un emotivo recordo para o noso desaparecido compañeiro Jorge Galdo, que todos os presentes acolleron con aplausos.
         A vindeira xornada será en A Cadeira o sábado 26 de outubro. Parabéns a todos subliñadamente os gañadores da xornada e que siga a festa billardeira!




No hay comentarios: