2025/03/21

10ª xornada da LNB NorLeste. Bretoña 8 marzo 2025

 BILLARDEIROS MUSICAIS FANSE FORTES, MARKYTOS FURA O VARAL E 

MARIO GAÑA O ABERTO

    O campo da festa de Bretoña deparounos unha magnífica xornada billardeira donde nos xuntamos 67 palanadores (48 homes, 14 donas e 5 cativos) sabedores de que o remate do “VI ABERTO DAS FRECES”, poderíamos catar o xa tradicional e rico manxar.


    Non se pode calificar como sorpresa, pois hai tanta calidade, que calquera, home, dona ou incluso cativo, nun bo día pode facerse co trunfo como así foi no día de hoxe. Temos que decir que brilou con luz propia un dos mais noveles palanadores, que xa viña mostrando unha notable melloría non derradeiros abertos. Mario de "Billarda Verde" foi o mellor acadando un casi pleno de 24 puntos seguido do bravo Milio dos Bulls e de Cortón de Rio Miño, que se xogaros o segundo e terceiro chazo do podio nun desempate.

Podio de Bretoña: MILIO-MARIO-CORTON

    Fermosa loita a das donas con Vanesa de Castiñerio Milenario impoñéndose a unha das estrelas da tempada, (Alba de Troitas Bavas) e a tricampioa nacional Geni de Billardeiros Musicais (ámbalas duas empatadas a puntos).

    Mais unha volta os infantís Mateu e Diego (Madia Leva) ocuparon o dous primeiros chanzos do podio e ó terceiro subio moi merecidamente un dos palanadores mais cativos e futura gran estrela dos Troitas Bravas, o eléctrico e simpático Martin. Parabéns.

      Por equipos os ribadenses Billardeiros Musicais destacaron nesta xornada acortando puntos os lideres Troitas Bravas, segundos foron Rio Miño e terceiros Carabullo.

      Cos grandes tiradores que temos na liga (Charli, Sachas, Albino, Santi, Markitos entre outros), era moi extraño que ainda non se abrira o apartado de varados e hoxe finalmente se fixo o primiero, e sen dúbida tiña que caer do lado dalgún dos anteditos.

1º Varado da tempada  acadado por Markytos 

      Logo dun primeiro tiro que saiu bicando o varal pola parte de fora, o tricampión nacional Markytos foi quen de embocar o varal dun espectacular golpe.


      Houbo agasallos para os tres primeiros clasificados da xornada e bola de liscos para o mellor equipo. Rematando a xornada partillando tanto a empanada cuanto as freces para tódolos presentes.



A vindeira xornada agárdanos en Begonte o domingo 30 de este mes de marzo. Parabéns a todos e Billarda Sempre

2025/02/24

7ª xornada da LNB NorLeste. Castropol 23 de febreiro de 2025

Sachas confirma o seu liderato e gaña.

    O cambio de data por dúas voltass fixo extragos na participapción de moitos e notables palanadores que tiñan compromisos previos, subliñadamente dos Billarda Rio Miño, que non tivo ningun participante e Madia Leva, que so mandou a Mateu. Tamen os demas equipos en xeral se presentaron escasos de palanadores. ainda con tódolos atrancos foi unha moi emocionate e competida xornada.

Palandores no campo da Paloma de Castropol

    O Troita Brava Sachas comenzou forte e so cedeu dous puntos nunha carreira, co que se fixo gañador da xornada (con 23 puntos) e confirma ese gran momento de forma que atravesa camiñando firme cara o título da tempada.

Sachas, Trofeo ,Ostras e limón pa suavizalas.

    Felix e José María (dous Billardeiros Musicais) non lle andiveron moito a zaga, pois ambos fixeron 21 puntos e tiveron que loitar nun desempate polo segundo e terceiro chanzo do podio. José María hoxe aproveitou a oportunidade e foi mellor co seu compañeiro e daquela estrea podio na primeira tempada que participa. Felix xa que logo rematou terceiro


   En donas a gran Alba non tivo o día e foi Cris de Castiñeiro Milenario a millor, logo dun desempate con Pamela (Troitas Bravas) e a terceira foi Milagros (Carabullo).


   En infantís, Mateu (Madia Leva) non tivo atrancos para subir mais unha volta o podio como gañador e os  Troitiñas  Mateo e Martín acompañárono.

Billardeiros Musicais

   En equipos, estivo a cousa moi parella entre os dous primeiros da xeral e so por un punto (80 e 79) os Billardeiros Musicais superaron aos Troitas Bravas. Un pouso mais lonxe Carabullo (66) ocupou o terceiro posto.

  Fixo a entrega de agasallos D. J.Antonio Martínez Rodríguez (Antón), concelleiro de deportes de Castropol, que desta volta non puido participar xogando por mor dunha lesión. 

2025/02/20

9ª xornada da LNB NorLeste tempada 2024.25. Castro de Riberas do Lea 16.02

                                                 Charli, inmenso en Castro

     Despois de varias tempadas sin aberto de Liga, voltamos a Castro de Riberas do Lea, da man dos compañeiros de "Billarda Rio Miño ca disputa do "I Aberto do Miño" e non se podía pedir mellor retorno  xa que se bateu a marca de palanadores da tempada cun total de cento seis (70 homes, 22 donas e 14 cativos).

    Xuntámonos os nove equipos do Norleste, catro da liga Atlantica do NorOeste (Campo da Feira, Cochiqueiros, Filloas de sangue e Foucellas) e un das Rias Baixas ( Lua de Forza); en total quince compañeiros non habituais.

Viqueira do equipo Cochiqueiros de Cerceda acadou o 3º chazo do podio

   Perante toda a mañá acompañounos un choviscar miudiño e intermitente que nos  amolou abondo, impedindo que as puntuacións en xeral foran altas, nembargantes non foi quen de impedir que o aberto fora todo un éxito con dous xigantes disputándose o podio: Charli e Bonxe, con cadanseus 24 puntos, xogaron un desempate a dúas carreiras e dado que tamén empataron con un xogo para cada un, xogaron unha terceira que agora si caeu do lado do primeiro. O terceiro chanzo, con 21 puntos, foi para Viqueira (de Cochiqueiros de Cerceda).


       Cabe subliñar un momento expectacular e fortemente aplaudido polos presentes, que xamais viran tal cousa, un golpexo TRIPLE que rematou traspasando o varal e o artista que tal fixo, non foi outro que Morás de Madia Leva.

Morás en modo xenio.

      As donas tampouco destacaron hoxe pola puntuación e o podio quedou conformado por Irene (compañeira de Viqueira en Cochiqueiros)  que fixo trece puntos, seguiuna Alba  de Troitas Bravas con doce e Cris de Castiñeiro Milenario no terceiro caixón con 10 puntos.

    En infantis,  Mateo de Troitas Bravas, cada volta se asenta mais e xa é quen  de tutearse cas dúas estrelas de Madia Leva. Hoxe gañou por riba de Mateu; e Migui, do equipo anfitrión "Billarda Rio Miño" estivo tamén moi acertado a so un e dous puntos respectivamente dos anteriores.

Martín (no posto de Mateu) Mateo e Migui.

    Os “Carabullo” presentáron hoxe un equipo bastante completo e cos 24 puntos de Charli e os 20 de Santi, mais a axuda de Albino e Javi Morán, gañaron por equipos con cinco puntos por riba de “Billarda Rio Miño” e seis de “Troitas Bravas”.

    Ca entrega de agasallos os gañadores (a que se achegou o Sr. Alcalde, que nos felicitou e animou a seguir fomentando a billarda e ó que agradecemos a súa boa disposición para con nos), rematou esta xornada pasada por auga, agardando xa as vindeira  en Castropol o vindeiro domingo 23 e a de Bretoña o sábado 8 de marzo. Parabéns a todos e Billarda sempre!

2025/02/11

8ª Xornada LNB NorLeste, tempada 2024.25 Riotorto 9 de febreiro de 2025

CON AUGA OS TROITAS BRAVAS NON PERDOAN

    Por mor da choiva e o vento, tivemos que adiar por duas voltas o aberto de Castropol. O tempo concedéunos unha pequena trégola e voltamos ao choio en Riotorto nun domingo cuberto e chorón. 

    Antes de botar as billardas o ar, a tribu billardeira gardou un respetuoso minuto de silencio cos palán a terra, en recordo dun "home bo", amigo e inesquecible compañeiro billardeiro dende os comezos desta maravillosa tolura da billarda. Sempre estarás con nos Suso! Unha aperta e que a terra che sexa leve.

    A pingueira constante non impediu disputar esta xornada que rematou sendo un novo éxito de participación de palanadores.

    O lider Sachas comenzou moi forte nas dúas primeiras carreiras con Sandonguero, Muriego, Anthony e Xan Bagaría igualandoo cun pleno e moi perto deles Charli, Juanky, Regueiro, Félix, Seixas, Carlos (Castiñeiro), Daniel e Afonso.

       Logo fóronse igualando un pouco as forzas e non todos aguantaron o tirón, mais os Troitas Bravas impuxeron a sua lei e coparon os dous primeiros postos.
    Rematou a xornada con Regueiro (ausente nos derradeiros abertos) demostrando que segue a ser un puntal dos Troitas Bravas facéndose co primeiro posto con 23 puntos.                A so un punto del, empataron Daniel, Sachas, Sandonguero e Xan. Estos catro xogáronse o segundo e terceiro posto nun desempate que rematou con Sachas segundo e Xan terceiro
Pamela moi segura e certeira.
    O mesmo resultado en donas. As Troitas Pamela e Alba subiron o primeiro e segundo chanzo, deixando no terceiro posto a unha enorme Nedi de Casiñeiro que estrea podio. 
Nedi nun lance do xogo
    Madia Leva non ten rival en infantís, Mateu e Diego siguen mandando e repartindo entre eles o primeiro e segundo posto. Hoxe foi Mateu o primeiro e Diego segundo. O tercerio posto foi mais unha volta para  Antía.
         Temos que salientar a grande progresión dos cativos, que van entrando no xogo con verdadeira entrega e compromiso. O futuro está asegurado con estos fenómenos do palán.

     Como non podía ser doutro xeito, por equipos os Troitas Bravas gañan de novo e distáncianse na xeral xa a nove puntos dos segundos. Madia Leva e Billardeiros Musicais empataron no segundo posto.
Os Troitas cada volta mais Bravas
     Estupendos agasallos de productos da horta local, patrocinados polo Concello, foron entregados os gañadores así como un detalle para tódolos infantis.
         Castro de Riberas de Lea está xa a nos agardar para a seguinte xornada o domingo que ven día 16 de febreiro. Saúde e Billarda sempre!

2025/01/16

6ª xornada da LNB NorLeste. Tempada 2024.25 Ribadeo 12.01.2025

 6ª xornada da LNB NorLeste. Ribadeo 12.01.2025

Charli e Carbullo fanse co aberto do Galo 

     Fermposo domingo nos acolleo no campo de fútebol de Outeiro, no XVII aberto de billarda do Galo, torneo “Vila de Ribadeo correspondente a sexta xornada da LNB da conferencia NorLeste.

    Logo de pasadas as festas de Nadal e Aninovo, voltamos a competición billardeira cunha nova xornada donde os Carabullo foron os mellores e como no, capitaneados polo seo zurdo d’Ouro, Charli, que fixo pleno de 25 puntos, coparon os primeiros postos tanto por equipos como individual.

  Para completar o podio, houbo que recurrir a un desempate entre Sachas, Luis, Markytos e Santi con cadanseus vintedous puntos..Santi ausentouse así que a loita quedou reducida a tres e desos foron os troitas os que deixaron fora a Markytos nun competido desempate.

    Por equipos acompañaron os Carabullo os Troitas Bravas e os Billardeiros Musicais.


    En donas, Alba segue dando a de cal en cada encontro e asentase merecidamente no primeiro posto. Segunda foi Geni e terceira Milagros.

    En infantis, o troitiña Mateo, vai facéndose cun posto entre os mellores, hoxe foi segundo po detrás de Mateu, superando incluso a unha figura como Diego, que tivo que conformarse co terceiro posto empatado a puntos con Martín (outra troitiña que nos engaiola cos seus certeiros golpes a billarda).

    Logo da entrega de premios do competido aberto, fixemos unha comida conxunta e moi emotiva donde, rendimos un cálido homenaxe a unha das figuras mais veteráns e admiradas da LNB: o italo-galego Delfranco Mangiavacchi Santoni, alias Franco, que deixa de competir, ainda que agardamos que non de xogar de cando en vez.

    Foi agasallado cunha fermosa placa dedicada do seu equipo “Billardeiros Musicais” e algún outro presente do resto de equipos que recolleo e agrasdeceo a todos visiblemente emocionado.


    O vindeiro domingo día 26, agárdanos unha nova xornada en Castropol (Asturias).

    Parabéns a todos e Billarda sempre.

 

2024/11/26

5ª xornada da LNB NorLeste. tempada 2024.2025 Lugo 24.44.2024

 Aberto de billarda do Minho

XIII Torneo Cidade de Lugo

SACHAS  FIRME , POR DETRAS  OS POSTOS VAN TROCANDO

    Un domingo con moito vento racheado, non amedrentou os bravos palanadores que se achegaron a disputar unha nova e fantástica xornada billardeira. A temperatura era ideal para a práctica deportiva e no campo de fútebol de Nadela, déronse  cita 88 palanadores (57 homes, 21 donas e 10 cativos) que deron o mellor de sí en cada golpe para disputar a 5ª xornada da LNB da conferencia NorLeste.

    O sorteo dos grupos é aleatorio e sempre da sorpresas, desta volta saiu un grupo que todos consideramos o "grupo da morte" porque nel estaba unha boa presada de campións e aspirantes a todo. 

    Mais hoxe o nivel dos palanadores é moi alto e en todolos grupos hai xente boa como quedou demostrado pois, mentres a maioria fixaba a súa atención no campo 3, era nos número 1 e 2 donde paseniño se iban destacando Milio e Felix que o remate quedaron primeiro e segundo con 23 e 22 puntos respectivamente.

    Do grupo da morte so saiu Sachas como posible terceiro con 21 puntos e rematou superado por Chousa nun desempate no que tamén participou Albino.

    En donas o dominio de Castiñeiro Milenario foi claro metendo a Vanesa como campioa e a sua compañeira Cris como segunda. Como terceira  a xa habitual Troitiña Alba.

    Diego e Mateu, mais unha volta, subiron o podio compartindo o primeiro posto con candanseus quince puntos. No segundo posto tamen compartido, estiveron os Troitas Bravas Antía e Mateo con trece puntos cada un..

    En canto a equipos, os Carabullo, que veñen xogando bastante mermados de efectivos, hoxe estiveron a altura que deles se agarda e fixérono estreando podio. Seguiron por detrás Billardeiros Musicais con dous puntos mais que os Troitas Bravas que foron terceiros na xornada.

 Os Carabullo sin Charli, Migho e Santi mais con un topo

    Estos resultados fan que na clasificación xeral individual troquen constantemente os postos, so Sachas aguanta impasible, tranquilamente asentado no primeiro posto, olla como os demais loitan por pillalo.

    A vindeira xornada será a de Ribadeo, pero xa para o ano que ven, o domingo día doce. Este mes de decembro facemos un descanso para compras e para os compromisos do Nadal. Que todo sexa Paz e Felicidade. Billarda sempre e adiante co Varal!

2024/11/19

4ª Xornada da LNB NorLeste. Penas de Rodas 17.11.2024


A LNB medrando e os Billardeiros Musicais gañando

    Ca incorporación do equipo “Racha Ventos Billarda” de Penas de Rodas (Outeiro de Rei), a multicolor serpe da LNB segue incrementando a participación de palanadores  e conquistando novos territorios, o que nos permite a moitos de nos ir descubrindo novos e fermosos desconocidos recunchos.

O campo Gaioso ateigado de palanadores

    Naide se quixo perder a estrea de escenario para disputar a 4ª xornada da tempada no campo de fútbol Gaioso de Penas de Rodas. Un fermoso domingo nos deu a benvida aos 89 palanadores (60 homes, 20 donas e 9 cativos) que nos xuntamos. 

        Tivemos como outras veces representantes da liga Atlantica de Billarda, nesta ocasión, dos equipos Cochiqueiros de Cerceda e Foucellas de A Coruña. Graciñas pola visita e xa sabedes que tedes as portas abertas para cando queirades.


   Comezo apaisoante cos favoritos en  cabeza, mais segun foron pasando as carreiras so dous se mantiñan na loita para acadar o primeiro posto. Foi a partires da cuarta cando Sachas se despistou e Manu Pozo se puxo por diante. 

    Ó Billardeiro mariñán non lle temblou a man e acadou un merecido pleno (o primeiro da tempada), co que gañou a xornada deixando a Sachas loitando, e gañando, o segundo posto nun desempate con Daniel (os dous con vintedous puntos).

    En donas, a xoven estrela dos Troitas Bravas  segue a demostrar que  a nova categoría que estrea esta tempada, non lle queda pequena. Alba recunca no chanzo mais alto por diante de Cris, que volve moi recuperada e a que damos a benvida, terceira foi outra habitual dos podios Aroa. 

    En infantís, o pequeno gran Mateo de Troitas Bravas está ultimamente a dar a de cal. Hoxe acadou a misma puntuación que Diego e acompañouno no primeiro posto, terceiro como non podía ser doutro xeito foi Mateu. Tódolos infantís levaron medallas conmemorativas deste primeiro aberto dos Canteiros, magnificamente levado polo novo equipo dos Racha Ventos. Parabéns.

    En equipos as boas puntuacións de Manu Pozo e Daniel, empurraron os Billardeiros Musicasis a gañar unha nova xornada por riba de Troitas Bravas, ainda que a diferencia de so de un punto non lles da para sair da segunda posición da xeral. O terceiro posto foi para uns Billarda Rio Miño que a modiño vanse achegando o terceiro posto na xeral que de momento ocupan os Carabullo.

Faltan nesta foto Aroa, Basilio, Félix e Markytos.

    Entrega de agasallos e remate da xornada agardando xa o vindeiro domingo 24 que nos atoparemos de novo en Nadela. 


Equipo anfitrión Racha Ventos.

    Aclaro que algunha das fotos que subo aquí, nesta e noutras ocasións, non son miñas, boto man das de doutros compañeiros e agardo que non lles pareza mal. Como dice o dito: Mentras chifro nun capo!

   Parabéns a todos e de novo Benvidos aos Racha Ventos e tamen a Cris e Vanesa que estiveron ausentes e voltan a estar con nos.

    Vémos pra domingo en Nadela. Billarda sempre e adiante co Varal!