2021/09/13

Comezo da tempada 2021.2022 da LNB, conferencia NorLeste.

                      1ª xornada da LNB NorLeste. Castroverde 12.09.21 

A conferencia Norleste da Liga Nacional de Billarda (LNB) volta a competición ca “V edición do Trofeo das Noces”·


No campo de fútbol da Veiga do Olmo de Castroverde, perfectamente axeitado para tan festiva ocasión, foi donde se deron cita para tan ansiado reencontro billardeiro un bo número de palanadores que debecian por voltar a loita.

Xogouse con máscaras obrigatorias, sin compartir material, xel e distancia axeitada, aplicando o protocolo de seguridade Fisicovid.

O tirón da billarda estase a notar en tódolos equipos ca incorporación de un bo puñado de novos fichases, xente miuda, xóves e non tanto que puxeron empeño e deixaron moi boas sensacións, mais o importante nesta ocasión non foi tanto a competición canto o reencontro entre amigos que levaban un tempo sin se ver.

Notouse a inactividade, mais paseniño se foi entrando de cheo nuhna competición que resultou deportivamente moi reñida. As puntuación non foron moi altas, so tres palanadores superaron os 20 puntos e acadoron o podio da xornada.

Manu Pozo e Felix (Billardeiros Musicais de Ribadeo) foron primeiro e segundo, acompañounos no terceiro caixon Sachas (Troitas Bravas de A Pontenova).

En donas destacou Irea (Carabullo de Ponte de Outeiro), seguida da tricampioa nacional Geni (Billardeiros Musicais) e Paula (Chainzos-Cadaval de a Pastoriza e Castro de Rei).

Aroa (Billardeiros Musicais) gañou en infantís seguida de Diego e Mateo (ámbolos dous de Madia Leva de Lugo).

Finalmente por equipos gañaron os Billardeiros Musicais de Ribadeo, ainda que so con un punto de diferencia cos Carabullo de Ponte de Outeiro e os Troitas Bravas de A Pontenova, o que da unha idea da igualdade existente e a emoción que nos agarda nesta nova edición da LNB NorLeste.

Ós oito equipos que compoñen a nosa conferencia, xunguíronse nesta primeira xornada, Campo da Feira de Paisaco e Filloas de Sangue de A Coruña, dous equipos veteráns e moi competitivos que xogan na conferencia NorOeste e os que agradecemos a súa presencia.

Cerrouse a xornada ca entega os gañadores duns artísticos e artesanais trofeos feitos polo noso compañeiro, hoxe ausente, Manu de Billarda Verde e a continuación rematamos dando conta dunhas racións dun bo pulpo a feira.

As clasifiacións logo desta primeira xornada quedan asi:

Individual: 

Manu Pozo   (Bill. Musicais)                     23 p.

Felix               (Bill. Musicais                      21 p.

Sachas          (Troitas Bravas)                   20 p                                                  

Migho            (Carabullo)                           19 p

Chousa         (Carabullo)                           18 p

Donas:

Irea                 (Carabullo)                           14 p

Geni               (Bill. Musicais)                     12 p.

Paula             (Chainzos-Cadaval)               9 p.

Equipos:

Billardeiros Musicais (Ribadeo)               70 p

Carabullo (Ponte de Outeiro)                   69 p

Troitas Bravas (A Pontenova)                  69 p.

Deica o mes que ven. Vémonos en A pontenova. Billarda Sempre!

No hay comentarios: