Carabullo incendia A Pontenovoa
Cando se comenta algún deporte que resulta duro e dificultoso, sempre se dí que os tal (ciclistas, alpinistas, etc) son de outra madeira, pois bén, o mesmo habería que decir dos palanadores que se enfrontan a calquera tipo de climatoloxías, en calquera tipo de terreo, con herba alta, furados, pedras (cañós as veces), en costa ou chan, etc.
Non vou a decir co de hoxe sexa o caso, en A Pontenova, o terreo de herba atificial estaba perfectamente acondicionado e malia que a choiva que por veces nos visitou, corta en duración pero intensa por momentos, facía esbarar as billardas, nada impediu que se disputara a xornada programada. Finalmente resultou magnífica; ambiente como sempre estupendo, amigable e cordial entre todos.
O domingo 3 de outrubro como digo, o tempo satisfizo tódolos gustos (por veces quetou o sol e por veces choveo a rego cheo) disputouse no campo de fútbol da Mina, en A Pontenova, o X Aberto do Ferro, correspondente a segunda xornada da Liga Nacional de Billarda da conferencia NorLeste.
Desta volta ata un total de 86 palanadores, se xuntaron en busca das
afamadas navallas de José Rodil. Non faltaron a cita algúns compañeiros da
conferencia NorOeste dos equipos de Campo da Feira de Paiosaco e Filloas de
Sangue da Coruña.
Nun escenario perfectamente axeitado
polos anfitrións Troitas Bravas, acadaronse altas puntuacións nos postos do
podio, os “Carabullos” Manu Caldeiro e Isma (24 puntos para eles) disputaron o
1° posto, nun desempate no que a xuventude do “miniChousa” se impuxo a
veteranía do de Outeiro. Terceiro posto para Basilio (Billardeiros musicais)
con 23 ptos.
Aroa
repetiu podio en categoría infantil, desta volta ocupou o primeiro posto
seguida de Mateu e de Diego (os dous de Madia
Leva).
En canto a
equipos, os Carabullo de Ponte de Outeiro, logo de pasaren toda a noite de
repousada meditación, chegaron dispostos a confirmar que merecidamente son
poseedores do título de Campións da derradeira e incompleta tempada xogada e
foron donos do encontro gañando cunha diferencia de once puntos sobre Troitas
Bravas e de catorce sobre Billardeiros Musicais, segundo e terceiro
respectivamente. De seguir neste estado de gracia non haberá quen lles tusa.
Sachas visionando o varal. |
Non é doado
facer un tiro directo e que traspase o varal, nembargantes no campo das Minas,
unha billarda, impulsada polo poderoso brazo de Sachas acadou tal fazaña, cruzou
como un lóstrego o varal para anotar o primeiro “varado” da tempada. Os vítores
e aplausos dos xeareiros foron tal que ata as nubes se desfixeron e por un
anaco quentou o sol.
Eco da Minas (con un intruso). Carme disputaba o título de donas |
A
asociación “Ecos das Minas” puxo o seu musical grao de área para que a xornada
fora completa, interpretaron con moito gusto e bo xeito varais pezas do noso
folclore. Na foto falta Carme, que nese momento estaba disputandolle o primeiro posto a Aroa. Un osado intruso se colou na formación por un momento.
Houbo
agasallos para tódolos cativos participantes, a mais dos correspondentes os
campións, xogos de billarda e chaveiros
“Billardin” para eles.
Agradecementos
para: Son Saude, L3DP e Eocae S.L. patrocinadores dos trofeos e agasallos, os
gaiteiros de “Ecos das Minas” o equipo anfitrión “Troitas Bravas” pola
impecable organización do aberto e parabéns para os campións e participantes en
xeral desta marea billardeira que non para de medrar. De seguido estupendo, abundante e gustoso xantar de irmandade para pechar como se merece esta fantástica xornada
billardeira. BILLARDA SEMPRE!
No hay comentarios:
Publicar un comentario