1ª xornada da LNB NorLeste. Castroverde 25.09.22
A “VI edición do Trofeo das Noces” que organizan os compis de Billarda Verde, foi o primeiro estalo da nova tempada de billarda da conferencias NorLeste.
![]() |
O campo en perfecto estado. |
![]() |
Charli, quedou as portas do podio. |
A billarda goza de excelente saúde e así o demostra a concurrencia nesta primeira xornada que superou ampliamente os sesenta participantes (46 homes, 14 donas e 3 nenos).
![]() |
Manu Pozo terceiro clasificado |
Javi Morán (Carabullo) e Manu Pozo (Billardeiros Musicais) foron os que subiron o segundo e terceiro caixón, logo de superar nun desempate a catro a Pablo Lobo (Castiñeiro Milenario) e mais a Charli (Carabullo).
![]() |
Pablo (Lobo) tamén quedou as portas |
En donas foi Aroa (Billardeiros Musicais) que cos seus recentes catorce anos, deixaba aos infantis e entraba pola porta grande na categoria de maiores facendose co primiero posto de donas (21 puntos) por diante de Irea de (Carabullo) e Ana (Madia Leva).
![]() |
O trio de cativos atentos o xogo |
E por equipos, os Billardeiros Musicais de Ribadeo, superaron a Troitas Bravas e a Carabullo sendo os primeiros líderes desta nova tempada billardeira.
![]() |
Javi Morán foi o segundo clasificado |
A seguinte xornada xa o vindeiro domingo 2 de outubro en A Pontenova.
No hay comentarios:
Publicar un comentario