2022/05/17

X Xornada da LNB NorLeste. (XII Aberto "O Coello de Suso")

                10ª e derradeira xornada da LNB NorLeste. Remourelle 14 maio 2022

XII ABERTO  “O COELLO DE SUSO”

     De novo nos atopamos no campo da festa de Remourelle para rematar a tempada regular da LNB da conferencia NorLeste. 
Murimarcador disposto para recoller as puntuacións

    O ceo ameazaba con votar unhas pingas, mais troucou e voltouse agradable e mesmo soleado para deixar con bo sabor as novas incorporacións da multicolor serpe da LNB que non deixa de medrar.
Moi atentos o xogo os históricos Ginés e Andrés ca pequena Laura a súa esquerda.

    Sete grupos de nove ou dez compoñentes, por orden de clasificación e ca nova da visita dos ex-Bulls Ginés e Andrés (acompañados pola infantil Laura que tamen xogou) que amosaron que o ben aprendido non se esquece.
Marcos, outro histórico que retorna para axudar os Bulls

    O equipo anfitrión, non quixo rematar a tempada sen probar o podio e botou man dun histórico que lles deu o empurrón necesario para acadar tal obxetivo. Marcos cumpriu e acadou os puntos necesarios para erguer os Bulls o terceiro chanzo da xornada. Parabéns.
Non houbo sorpresas. O podio rematou como estaba.

    Mais o gordo estaba no grupo sete, donde se atopaban os nove primeiros clasificados. O primeiro posto decidido, Charli con sete puntos sobre o segundo tiña a coroa na súa man e para que naide o dubidase, rematou gañando tamén a xornada.
Carabullo, por lóxica os que mellor manexas os "paus"

    Daniel e Sachas víanse ameazados por Basilio, Navallo, e Regueiro con opcións de podio, mais aguantaron o tipo e remataron a xornada igual que estaban.

    
Nas demas clasificacións, nada trocou . Carabullo foi o Campiòn, escoltado por Troitas Bravas e Billardeiros Musicais. O mesmo pasou  en donas con Aroa comandando e ainda que Irea fixo unha moi boa actuación, non lle chegou para desbancar a xoven mariñá. Terceira rematou Geni malia non presentasrse a xogar hoxe.
Aroa Campioa infnatil e de donas.

    Nos infantís, tanto Mateu cuanto Diego, xogaron moi ben hoxe superando en puntuación  a Aroa, mais a ventaxe da musical billardeira era abonda para seguir reinando na categoría.
Chousa, campión de varados

    Houbo que desempatar no apartado de varados. Sachas e Chousa eran os candidatos o podio e con cinco disparos cada un, o empate seguía. Xogouse a billarda mais longa e foi aquí donde Chousa destapou o tarro das esencias cun golpe estratosférico que e foi rematar  lonxe, lonxe, cruzando por todo o medio do Varal.
    Ca torrezmada de costume e a entrega de agasallos os gañadores, rematamos unha das tempadas mais competidas e numerosas da LNB.
Trofeos da tempada 2019/2020 e da actual 2021/2022

    Agradecer ao Concello de Ribadeo a donación dos trofeos e os Remourelle Bulls pola perfecta organización do aberto. Billarda sempre e adiante co varal!
 Estes son os podios da tempada:
Absoluta:
1º Charli Carabullo                      195 p.
2º Daniel Billardeiros Musicais    186 p
3 Sachas Troitas Bravas                185 p.
Donas:
1ª Aroa Billardeiros Musicais        130 p.
2ª Irea Carabullo                           125 p.
3ª Geni Billardeiros Musicais          82 p.
Infantil:
1ª Aroa Billardeiros Musicais         130 p.
2º Mateu Madia Leva                    105 p.
3ª Diego Madia Leva                       78 p.
Equipos:
1º Carabullo de Ponte de Outeiro       785 p
2º Troitas Bravas de A Pontenova        761 p.
3ª Billardeiros Musicais de Ribadeo     753 p.

No hay comentarios: