2023/01/10

6ª xornada da LNB NorLeste. Ribadeo 18.12.2022

 6ª xornada da LNB NorLeste. Ribadeo 18.12.2022

Markytos, profeta na súa terra!  

     Disputouse no campo de fútebol da Faxarda o XV aberto do Galo, correspondente a sexta xornada da LNB da conferencia NorLeste da tempada 2022/2023.



    Muy boa asistencia nun día no que o vento racheado foi protagonista indesexado e molesto que xogou cas billardas ao seu antoxo e puxo en apuros os palanadores que se deron cita ( 54 homes, 13 donas e 5 cativos).

    Xa que logo, as puntuacións foron en xeral cativeiras e por baixo dos vinte puntos agas os catro que acadaron as finais.

    Charli, o zurdo d’ouro dos Carabullo, sigue na súa liga particular poñendo terra por medio cos seus perseguidores, ainda que hoxe atopouse ca volta a competición do musical billardeiro, o tricampion nacional Markytos, que  lle plantou cara igualándolo a puntos e foi quen de gañarlle nun reñido desempate polo primeiro posto.

    Con un punto menos, Manu Caldeiro e David Navallo loitaron polo terceiro chanzo do podio que acadou o dos troitas.

    En donas, Geni e Irea coparon o primeiro posto compartido e Aroa e Cris pola sua parte compartiron o segundo.


    En  infantis, Mateu e Diego cos mismos puntos foron superados por Alba que hoxe tivo un moi bo día e tomou o relevo da súa compañeira Antía.

    Manu Caldeiro, no primeiro golpe da súa quenda, zoupoulle a billarda con tal forza que a mandou polo medio do varal, acadando un soberbio varado.


    Por equipos, Troitas Bravas, acadaron por terceira volta consecutiva o primeiro posto e tamén se destacan como dominadores da xeral. Carabullo foi segundo e Chainzos-Cadaval terceiros.

    Rematamos a xornada ca entrega d’uns lotes de productos de Nadal para os campións e chuches para os cativos.

    A liga regular retómase o dia 8 de xaneiro co “I Aberto da Irmandade” no pintoresco e veciño Castropol (Asturias).

    Dende a LNB desexamos a todos un BO NADAL e ANI NOVO FELIZ. Billarda sempre! 

No hay comentarios: