V xornada da LNB NorLeste. Aberto da Tarta de Mondoñedo 26.11.2022
As Troitas están moi Bravas e gostan da tarta
A quinta xornada da LNB Norleste disputouse o sábado 26 no campo de fútebol "Viñas da Veiga" de Mondoñedo, ca disputa do “XI Aberto da Tarta” e deixou moi as claras que este ano as Troitas Bravas están mais bravas que nunca e nadan cara ó título a fume de carozo. Teñen un equipazo que non vai ser doado meterlles man.
O campo de xogo nun estado perfecto pa práctica da billarda e unha moi boa asistencia de personal, setenta e dous palanadores dando o mellor de sí en cada golpexo co palán. (51 homes, 16 donas e 5 cativos).
A subliñar como moi grata nova para todos a volta dun histórico: Milio dos Remourelle Bulls, que de novo colle o palán despois dun repouso forzoso. Benvido Milio, estamos ledos de verte darlle o palán e agardamos a túa completa recuperación.
Tamen por primeira vez esta tempada vemos a Xerman nas pistas e sería bo telo mais a miudo xogando con nos.
No tocante ó xogo na xornada de hoxe, so Jorge, un dos touros de Remourelle foi quen de colarse no medio dos intratablesTroitas Bravas que se impuxeron os Carabullo e mais os Billardeiros Musicais con dez puntos por riba deles e consolídanse no primeiro posto da xeral aumentando a difereencias de puntos cos perseguidores.

En individuais, gañou Regueiro con vintetrés puntos, dous mais que o seu compañeiro David Navallo e Jorge dos Bulls. Logo dun desempate foi David quen acadou o segundo posto e xa que logo Jorge pechou o podio.
En donas foi a estrela dos “Carabullo” Irea quen gañou con dezaoito puntos e superando as Musicais Billardeiras Aroa e Geni por este mismo orden.
En infantis dominio dos Madias unha vez mais, desta volta foi Diego o mais destacado con Mateu seguindoo de perto e Antía de Troitas completou o trio sendo terceira.
E de agradecer ó Concello de Mondoñedo a súa disposición para facilitarnos as instalación do campo de fútebol así como as "Tartas" que gostaron os tres primeiros clasificados e mais o equipo vencedor Tartas que recibiron de mans do seleccionador Manolo Flores.

A vindeira cita, agardamos que o tempo non poña atrancos, será o domingo 18 de decembro en Ribadeo. Parabéns a todos e Billarda sempre!
David Navallo confia demasiado en su tecnica, pronto sabra los que es jugar a la Billarda...
ResponderEliminar