2023/02/07

8ª xornada da LNB NorLeste. Trabada 5 de febreiro de 2023

                         "XIII Aberto da Galiña de Mos"

PROGRAMA DE PROMOCION DA BILLARDA FEDERADA

     O sábado 14 de xaneiro xogouse o Aberto da Galiña de Mos en Castro de Riberas de Lea, antes aberto puntuable para a liga do NorLeste e agora "aberto de promoción da billarda federada". 
    Démonos cita un bo feixe de palanadores das tres conferencias actuais e sin duda foi unha xornada de convivencia e fraternidade que tivo tódolos ingredientes para ser, como así foi, unha xornada inesquencible. 
    Os resultados foron o de menos, o de mais foi a demostración de que podemos e debemos convivir en armonía federados e non federados. No posterior xantar conxunto de tódolos asistentes, compartimos mesa e amizade a partes iguais e o tempo se revindicou a vontade unánime de voltar as finais de Santiago. 
    Todos as botamos en falta, poñámonos o choio, que si no lo propoñemos seguro que o conseguimos antes cedo que tarde.

VIII Xornada da LNB NorLeste tempada 2022-2023

II Trofeo de Riotorto

RIOTORTO , TERRA AMIGA PARA CHARLI E OS CARABULLO


    Una densa néboa e un terreo blando foi o que nos recibiu no campo de fútbol  “A Veiga” de Riotorto o domingo 5 de febreiro para disputar a oitava xornada da LNB da conferencia NorLeste. Mais ao pouco tempo foi desaparecendo. 

    Oitenta e catro palanadores (60 homes, 17 donas e 7 cativos) que se esforzaron por superar os atrancos dun terreo mol e cheo de fondas pegadas de outras recentes e deportivas liortas e daquela non se agardaban altas puntuacións na xornada, e así aconteceo, so doce palanadores acadaron vinte ou mais puntos.
 
    
       Houbo alguns bailes nos primeiros postos da xeral donde polo baixo rendimento duns, outros sairon beneficiados. 


    
Salientables sobre todos os mais, foron o infalible Charli de Carabullo, Manu Pozo de Billardeiros Musicais e Tonho de Troitas Bravas, que empataron a vintecatro puntos e xogáronse entre eles os postos no podio da xornada, quedando por este mismo orde.


    A Carabullo deulle un bo empurrón a presencia de Santi, que os levou a gañar a xornada con un punto por riba de Troitas Bravas e catro mais que Billardeiros Musicais.


    Para as donas cada punto acadado foi un premio moi traballado no que Sandra quixo manter a boa racha que a levou o podio en Castropol e foi a mellor da xornada. O podio femenino xa que logo, copárono Sandra e Carme de Troitas Bravas con doce e once puntos e completouno a lider das donas, Aroa de Billardeiros Musicais, unha asidua a ocupar os caixons das raiñas con oito puntos. 



    Entre os habituais infantís Mateu e Diego de Madia Leva, colouse  desta volta como segundo o xovencísimo e tímido Roi de Troitas Bravas a quen houbo que ir a buscar parz recoller o seu agasallo.


    A medida que o sol iba escorrentando un pouquiño a friaxe da maña, foi rematando unha xornada dificil na que moitos dos veteráns se viron superados polos elementos e non se atoparon cómodos.


    O Sr. Alcalde acompañounos e foi xunto con Sachas (artífice na organización deste evento)  o encargado  de entregar os premios os gañadores. 


    A seguinte xornada de San Miguel do 4 de marzo, coincide ca Candeloria de Lugo, polo que estase a falar de aplazala para o domingo día 5. Informarase con tempo. Billarda sempre!

No hay comentarios: