2023/03/06

9ª xornada da LNB NorLeste. San Miguel 05 marzo 2023

                        UNHA, DUAS, TRES... E CHARLI GAÑA OUTRA VEZ

    No campo das Balgas disputouse o “XII Aberto de billarda de Flores”. Unha nova xornada da LNB NorLeste que se fai coincidir ca celebración das festas de San Rosendo e que por terceira xornada consecutiva tivo en Charli o dominador absoluto.

    Ainda co día foi soleado e o campo presentaba un estado moderadamente bo, foi unha xornada un pouco rara. Foi a menos concurrida da tempada con sesenta e tres palanadores (42 homes, 14 donas e 7 cativos) e díficil para rematar as carreiras. No campo número un ainda que pareza extrano pola calidade dos grupos que alí xogaron, nalgunha carreira foron necesarios ata seis ou sete golpes para que entrara o primeiro xogador no varal, cousa que non acordan nin os mais veteráns e daquela na derradeira carreira un dos grupos, para non demorar moito o remate da xornada, tivo que xogar no campo contiguo xa que tódolos demais grupos tiñan finalizado. 


    As puntuacións tampouco foron moi alá agás o “Carabullo” Charli, que acadou vintecatro puntos e gañou con solvencia asegurando o primeiro posto na xeral e agrandando a diferencia de puntos cos perseguidores. 

    

    Segundo foi o xoven Gundar de “Madia Leva” con vintedous puntos: Un xoven que vai progresando enormemente e xa está entre os destacados da tempada.

    E para rematar, media dúcea de palanadores con cadanseus vinte puntos, (Albino, Basilio, Jorge, Muriego, Regueiro e Sachas) se xogaron o terceiro posto sendo Muriego “Remourelle Bulls” o mais acertado nas tres carreiras reglamentadas.

    En donas e salvo algunha sorpresa que se ve de cando en vez, está  bastante claro o triunvirato que ven dominando. Desta volta foi Irea “Carabullo” a millor con 17 puntos seguida das “Billardeiras Musicais” Geni e Aroa con 16 e 14 puntos.

    Para completar os tres podios nos que compiten, tamén os “Carabullo” gañaron no apartado de equipos, sacaron un punto mais que “Troitas Bravas” que os secundaron e ao terceiro caixon aupouse  un dos equipos mais veteráns da liga, os “Remourelle Bulls” con unha moi boa xornada.

    En infantís,  o mesmo conto que en donas, son os tres de sempre. Hoxe Antia de “Troitas Bravas” igualou a Diego de  “Madia Leva” no primeiro posto e o compañeiro deste, Mateu, completou o trio gañador.

    Flores o gran argalleiro deste aberto, estase a recuperar da operación de xeonllo e non xogou, mais estivo pendente de todo e foi quen, en representación da comisión de festas de San Rosendo fixo entrega de un Trofeo para o mellor equipo e medallas para as donas gañadoras así como tamén os Trofeos do Servicio Provincial de Deportes de Lugo para os tres primeiros clasificados completados con cadanseu colar de chourizos.

    A vindeira xornada será o domingo 26 de marzo en Begonte. Saúde e Billarda sempre!

No hay comentarios: