2023/06/01

13ª xornada e remate da LNB NorLeste. Remourelle. 20.05.2023

                                      XIII ABERTO  “O COELLO DE SUSO”

     Un ano mais rematamo-la tempada da LNB da conferencia NorLeste no campo da festa de Remourelle.

 
    Sete grupos, por orden de clasificación que foron liquidando as carreiras alternativamente, deixando para o final o grupo dos primeiros da taboa clasificatoria e así poder disfrutar todos da emoción da loita por acadar o podio (neste caso centrada so no segundo e terceiro chanzo xa que o gañador estaba definido de anteman: o gran Charli de Carabullo era xa o campión.

Charli escoltado por Sachas e Gundar. Presente e futuro xuntos.

    Remataron empatados Sachas (Troitas Bravas) e Gundar (Madía Leva) e foi o das Troitas Bravas quen se ergueu ó segundo posto por ter mellor coeficiente de puntuación nas xornadas da tempada.
Aroa, excampioa infantil, Raiña 2023 de donas.

    Destacaron sobremaneira as donas que acadaron en xeral puntuacións moi altas e subliñadamente Aroa (Billardeiros Musicais) que sendo xa campioa da tempada, rematouna  gañando esta derradeira xornada con todo merecemento logo de superar nun desempate a Isma (Carabullo). Os dous acadaron 23 puntos. O terceiro posto foi para o xoven Gundar (Madia leva).

En donas a clasificación xeral xa estaba tamén definida con Aroa e Geni (Billardeiros Musicais) e Irea (Carabaullo).

Antía prometedor futuro para Troitas Bravas

Tamén na categoría infantil estaba todo o pescado vendido. Diego e Mateu (Madia Leva) e Antía (Troitas Bravas) foron os mellores da tempada.

Troitas Bravas cerran a tempada como campións. Xornada e Título da tempada.
E para non ser menos, en equipos ningunha novidade, Troitas Bravas foron os gañadores da xornada e campións da tempada, escoltados por Carabullo e Billardeiros Musicais no segundos e terceiro posto.

Manu Caldeiro non tivo rival en VARADOS
En varados Manu Caldeiro (Billarda Verde) era o amo e hoxe demostroudo acadando un espectacular novo tiro directo e remata a tempada con 4, so Sachas e David Navallo (os dous de Troitas Bravas) o acompañaron con un varado cada un.

Dando conta dos toresmos e do lacón, todos fumos campións

Ca torrezmada de costume e o riquísimo lacón que aportou Carlos Alvariño rematamos a tempada oficial ca entrega de agasallos os gañadores.

Algúns dos premiados
    Agradecer como sempre a Suso e os anfitrións Remourelle Bulls a magnífica xornada e ó concelleiro de deportes de Ribadeo a súa presencia e os trofeos donados tanto para os infantís como para o campión de varados.

    E agora toca traballar no Gran Aberto Nacional de Billarda, que pretende xuntar de novo as tres conferencias actuais . Todos somos LNB! 

Billarda sempre e adiante co Varal!

No hay comentarios: