MILIO VESTIUSE DE COROCEIRO NUNHA HISTORICA XORNADA
O CASTIÑEIRIÑO-SANTIAGO DE
COMPOSTELA
No campo de futbol do club Atlético Fátima, o domingo 11 de xuño de
2023, disfrutamos dun espectacular día de billarda, lembrando aqueles abertos
polos títulos nacionais que se viñan celebrando anualmente entre tódalas
conferencias e que se truncaron entre outras causas por mor da pandemia.
Houbo representación dos equipos de "APB Santa Marta" A Laracha, "Filloas de Sangue" A Coruña, "Troitas Bravas" A Pontenova, "Castiñeiro Milenario" Begonte, "Corredoiras" Bueu, "Chainzos-Casdaval" Castro de Rei, "Billarda Verde" Castroverde, "Cochiqueiros" Cerceda, "Madia Leva" Lugo, "Gharaboto" Marín, "O gran Alvariño" Muimenta, "Campo da Feira" Paiosaco, "Carabullo" Ponte de Outeiro, "Rinocerontes" Pontevedra, "Remourelle Bulls" Remourelle, "Xogos Tradicionais" Santiago, "Billardeiros Musicais" Ribadeo e "Valpaços Terra Quente" Vigo.
![]() |
Todos temos cabida na LNB |
Malia as sentidas ausencias, a xornada resultou expectacular en tódolos sentidos, voltamos a reencontrarnos con vellas amizades e gozamos dun tempo inmellorable. Oitenta e sete palanadores das tres conferencias actuais en deportiva e cordial competencia.
Oito grupos xogamos a maña catro carreiras en busca das posteriores eliminatorias. Os catro con mellor puntuación de cada grupo pasaron pero non facilmente, houbo moitos empates que se desfixeron nunha nova carreira e incluso a billarda longa.
Cabe subliñar que cedo se resolveu o Campión de varados: Markytos no primeiro tiro da mañá foi quen de metela billarda polo medio do varal nun espectacular golpe. Ainda que despois algún outro como Manu Caldeiro, Ricardo ou o propio Markytos superaron os cincuenta metros, a billarda en tódolos casos saiu a rentes ou alonxada da meta desexada.
Rematados os grupos fíxose entrega por parte de directivos de
“O Varal” de unha placa a dona e fillos do recordado Mario Rodríguez (presidente
que foi da Asociación de Xogos Tradicionais de Santiago de Compostela), en
agradecemento e recordo do seu bo facer a prol da billarda e apoio en todo momento a LNB na celebración das finais de Santiago xa dende o ano 2008 en Conxo.
![]() |
Xenderal |
De seguido sesión vermú con Xenderal e
Manu Kaso Aparte que amenizaron ca súa música o xantar dos palanadores.
![]() |
Manu Kaso Aparte |
Xa ben mantidos voltamos o xogo e ás eliminatorias donde irremediablemente se foi reducindo o número de palanadores con opción de podio.
Aroa que xa era Campioa de donas, púxollo dificil a Milio mais non puido con él. Benito Resille gañoulle a Jorge logo dun desempate. Do mismo xeito Navallo desfíxose de Che previo desempate. E Manu Caldeiro non tivo piedade de Isma.
![]() |
David Navallo |
Nas medias finais cederon Resille ante Milio e Navallo ante Manu Caldeiro e daquela o terceiro posto foi para Navallo “o mago de Castropol” que se atopou mais enteiro co seu opoñente Benito Resille.
![]() |
Manu Caldeiro |
![]() |
Milio |
Xornada triunfal de MILIO que fixo historia non no individual ao proclamarse Coroceiro Nacional 2023 mais tamen co seu equipo.
![]() |
Remourelle Bulls |
A súa gran actuación, xunto ca aportación de Jorge,
Muriego e Xermán deulles os “Remourelle Bulls” de Remourelle o segundo posto por
equipos por detrás dos super super “Troitas Bravas” (A Pontenova) e por diante do
“Corredoiras” de Bueu.
![]() |
Troitas Bravas |
Este resultado dos Bulls de Remourelle, ten un sabor especial e ven a premiar o esforzo e a costancia dun equipo pioneiro e fundador da LNB que pasou por grandes momentos e outros non tan bos pero que sigue estando no mais alto.
![]() |
Elena, Aroa, Geni |
En donas como xa dixemos, a xoven estrela dos Billardeiros Musicais Aroa foi a mellor e a súa compañeira de equipo e tricampioa nacional asidua os podios Geni, foi terceira, sendo Elena dos “Gharaboto” de Bueu, outra das grandes figuras de sempre da LNB a segunda
clasificada.
En Infantís, Antía dos “Gharaboto”, Valentin de ”Filloas de sangue”
(A Coruña) e Antía de “Troitas Bravas” foron os mellores.
![]() |
Presidente do Atlético Fátima |
E damos por ramatada con este super aberto a tempada 2022/2023, agora algún
abertiño de verán, mais relaxados, e a preparar xa a seguinte para seguir
medrando. Billarda sempre e adiante con Varal!
No hay comentarios:
Publicar un comentario