2023/12/20

 5ª xornada da LNB NorLeste. Ribadeo 17.12.2023

Troitas Bravas, asalto o liderato!  

         O campo de fútebol de Outeiro, na Devesa, atopábase en bastante mal estado, blando en con algunha que outra poceira polo medio mais a billarda non se achica e ca asistencia de 67 palanadores (45 homes, 14 donas e 7 cativos) disputouse o XVI torneo do Galo, aberto “Vila de Ribadeo correspondente a quinta xornada da LNB da conferencia NorLeste da tempada 2023/2024.

       A xeada mañá foi trocando paseniño e dende o alto, Lorenzo foi espectador privilexiado da xornada, ollandao como catro grandes da billarda loitaban polo podio final: Basilio, Charli, Navallo e Sachas, empatados a 23 puntos obtaban a podio.

    Charli (Carabullo) conquista unha nova plaza no seu amplio currículum, segundo foi Sachas (Troitas Bravas) e terceiro Basilio (Billardeiros Musicais). Desta volta o bravo David Navallo, non puido acompañar o seu compañeiro Sachas no podio.

    Disque as Troitas son de auga doce, mais hoxe estas Bravas, souperon nadar seguras nas augas da Mariña e o seu trunfo na xornada deulles tamén o primeiro posto na xeral. O segundo equipo foron Billardeiros Musicais e terceiros Billarda Rio Miño.

     En donas, ás Musicais Billardeiras, Aroa con 14 puntos e Geni con 12, acompañounas desta volta Sara de Billarda Verde con outros 12 puntos.





    En infantis, mais unha volta Diego con 17 puntos e Mateu con 13 (os dous fenómenos de Madia Leva) fixeron podio como primeiro e terceiro. No segundo posto quedou Alba con 16 puntos (Troitas Bravas), que ainda sendo infantil, superou a tódalas donas nesta xornada. 

     Agradecemos a presencia do Concelleiro de Deportes de Ribadeo na entrega de medalla de Ouro pra os campión de cada categoría; uns lotes de productos de Nadal para os tres primeiros da xornada e para o mellor equipo e medallas para tódolos cativos participantes.





    Desexamos a todos un  Bo Nadal e  Aninovo Feliz anunciando que a liga regular retómase o sábado dia 13 de xaneiro co “V Aberto das Freces” en Bretoña.

    Billarda sempre e adiante co Varal!

No hay comentarios: